Conforme á súa constitución, Romanía está dividida administrativamente en comunas, poboacións e condados.Constitución de Romanía, Título I, artigo 3 Abrangue 41 condados (judeţe) e mais a súa capital , Bucarest. Estes 41 condados están divididos en 2827 comunas (áreas rurais), 103 cidades e 211 poboacións (áreas urbanas).
Romanía estivo dividida historicamente en tres rexións: Valaquia, Transilvania e Moldova. Actualmente, segundo a constitución, o estado está dividido en 8 rexións de desenvolvemento.
Abaixo de todo están as aldeas, un total de 13.092 aldeas, que non teñen administración especial de seu, a excepción de Bucarest, que posúe sectores con poder administrativo.
miniatura|dereita|Mapa administrativo da Romanía: Transilvania está en verde, Valaquia en azul, a rexión da Moldova en vermello e Dobruxa en amarelo
Rexións históricas A Romanía é unha nación composta de catro grandes rexións históricas, Transilvania, Valaquia, Moldova e Dobruxa, que á súa vez se poden dividir noutras. Estas son: Dobruxa Dobruxa Setentrional Cadrilater (Dobruxa Meridional) Moldova Moldova en si Besarabia Budzhak Bucovina Transilvania Transilvania en si Banato (tamén parte da rexión histórica de Partium) Crişana (tamén parte da rexión histórica de Partium) Maramureş (tamén parte da rexión histórica de Partium) Valaquia Muntenia Oltenia
miniatura|centro|500px|As tres rexións históricas entre 1793 e 1812.
Rexións de desenvolvemento Estatisticamente, Romanía está dividida en oito rexións, constituíndo as NUTS de nivel II. Estas son: RO1 – Macroregiunea 1: Nord-Vest – RO11; 6 condados; 2.737.400 habitantes; 34.159 km² Centru – RO12; 6 condados; 2.638.809 habitantes; 34.100 km² RO2 – Macroregiunea 2: Nord-Est – RO21; 6 condados; 3.836.875 habitantes; 30.949 km² Sud-Est – RO22; 6 condados; 2.932.124 habitantes; 35.770 km² RO3 – Macroregiunea 3: Sud – RO31; 7 condados; 3.458.759 habitantes; 34.450 km² Bucureşti-Ilfov – RO32; 1 condado máis Bucharest; 2.198.285 habitantes; 1.821 km² RO4 – Macroregiunea 4: Sud-Vest – RO41; 5 condados; 2.394.895 habitantes; 31.211 km² Vest – RO42; 4 condados; 1.958.648 habitantes; 32.028 km²
Condados de Romanía
Romanía atópase dividida administrativamente en 41 judeţe (provincias), máis o municipio (municipiu) de Bucarest, a capital, constituíndo as NUTS de nivel 3.
Estes 41 judeţe son divididos en 2.827 comunas (comune - para áreas rurais), 211 cidades (oraşe - para áreas urbanas) e 103 municipios (municipii - para grandes áreas urbanas). Na Romanía, o status de municipio é dado só a grandes cidades.
Os condados actuais son (en orde alfabética): Alba Arad Argeş Bacău Bihor Bistriţa-Năsăud Botoşani Braşov Brăila Buzău Caraş-Severin Călăraşi Cluj Constanţa Covasna Dâmboviţa Dolj Galaţi Giurgiu Gorj Harghita Hunedoara Ialomiţa Iaşi Ilfov Maramureş Mehedinţi Mureş Neamţ Olt Prahova Satu Mare Sălaj Sibiu Suceava Teleorman Timiş Tulcea Vaslui Vâlcea Vrancea
Notas
Categoría:Xeografía de Romanía Categoría:Historia de Romanía Categoría:Romanía