Alejandro Simón Partal, nado o 26 de xullo de 1983 en Estepona (Málaga) é un escritor e poeta español. Recibiu o XXXVIII Premio de Poesía Arcipreste de Hita polo poemario La fuerza viva.
Traxectoria É doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Como investigador estivo vinculado á Universidade de Salamanca; o seu labor centrouse no estudo da obra de poetas contemporáneos. O seu proxecto La carencia de Eros: felicidad en el medio siglo obtivo a XXII Bolsa de Investigación Literaria Miguel Hernández 2016 e a súa publicación pola UNED. Entre 2015 e 2016 estivo dando clase en Calais (Francia).
A súa obra inclúe os poemarios El guiño de la Chatarra (2010), Nódulo Noir (2012) e Los himnos abdominales (2015), todos eles publicados pola Editorial Renacemento, e o ensaio A cuerpo gentil: belleza y deporte en la poesía de González-Iglesias (Visor, 2017). En 2023 publicou a antoloxía Ese de anoche, que recolle versos antigos xa publicados e tamén unha presada de inéditos.
Ten colaborado en diversos medios como El Estado Mental, El País ou Diario de Sevilla, entre outros.
En 2017 obtivo o XXXVIII Premio de Poesía Arcipreste de Hita coa súa obra La fuerza viva (Pre-Textos, 2017).
En setembro de 2021 publicouse a súa primeira novela "La Parcela" (2021).
Obra
El guiño de la Chatarra (2010). Editorial Renacimiento. Nódulo Noir (2012). Editorial Renacimiento. Los himnos abdominales (2015). Editorial Renacimiento. La fuerza viva (2017). Editorial Pre-textos. Una buena hora (2019). Editorial Visor. Ese de anoche (2023). Aguilar.
Ensaio
A cuerpo gentil: belleza y deporte en la poesía de González-Iglesias (2017) Las virtudes de lo ausente: fe y felicidad en la poesía española contemporánea (2018)
Teatro
Sed despojo (2016) Resistencia y sumisión (2019)
Novela
La parcela (2021)
Distincións
Premio Cálamo Otra Mirada por La parcela (2021). LI Premio Internacional de Poesía Hermanos Argensola (2019) XXXVIII Premio de Poesía Arcipreste de Hta (2017) II Premio Ciudad de Estepona, modalidade de poesía, co poema "Asentos Reservados" (2009)
Referencias
Categoría:Novelistas de Andalucía Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados na provincia de Málaga Categoría:Escritores LGTB de España Categoría:Poetas de Andalucía