Albanella Luena Chávez Turello, nada en Beni en 1985, é unha escritora, psicóloga e activista feminista boliviana. Publicou dous libros de poesía e colaborou en varias antoloxías poéticas.
Traxectoria
Realizou os seus estudos superiores en psicoloxía en Santa Cruz de la Sierra e obtivo unha mestría en estudos de xénero en España. Desde nova estivo próxima a persoas de ideoloxía de esquerda e progresista, o que a motivou a achegarse ao activismo e a colectivos feministas.
No ámbito literario publicou os poemarios Noches de cuerpos sin nombre (2008) e Cuaderno de notas (2010). Tamén colaborou nas antoloxías poéticas Liberoamericanas (2019), Escritoras cruceñas (2019), Encrucijada (2017) e Nueva poesía boliviana (2018). Autores como Édgar Soliz sinálana como unha das representantes da Literatura LGBT de Bolivia actual.
Entre as organizacións das que formou parte destaca a Red de Mujeres Lesbianas y Bisexuales de Bolivia.
Obras Noches de cuerpos sin nombre (poesía, 2008) Cuaderno de notas (poesía, 2010)
Notas
Categoría:Feministas de Bolivia Categoría:Escritores de Bolivia Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Bolivia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Personalidades sen imaxes