Skornabois foi unha banda galega de punk/rap metal formada no ano 1988 en Vilanova de Lourenzá. O grupo estivo composto durante case toda a súa traxectoria por Xermán Viluba (guitarra e voz), Emilio López (voz), Xoán Villamel (batería) e Iván Laxe (baixo, programacións e teclados), tendo como baixista a Patu nos seus primeirs tempos.
A banda só editou dous traballos durante a súa carreira, o EP O verme homicida (1996) e o álbum Skornabois (1998). Ademais destes dous traballos, colaboraron co tema "A nova Fifi" no recompilatorio Unión Bravú (1996), con "O verme homicida" no Bambán Vol.2 (1997), e con "Plánta-te", a súa derradeira gravación, en Terra Terremota (1998).
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Notas O verme homicida 1996 Chorima EP Skornabois 1998 Chorima álbum
Notas
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais formados en 1988