A través do espello (en ) é un filme estadounidense de 1946 dirixido por Robert Siodmak. Está protagonizado por Olivia de Havilland no papel das xemelgas e por Lew Ayres como o seu psiquiatra. O filme marca o regreso de Ayres ao cinema despois da súa obxección de conciencia ao servizo na segunda guerra mundial. De Havilland comezara a experimentar coa actuación do método nese momento e insistiu en que todos os integrantes do elenco se reunisen cun psiquiatra. O filme anticipa o drama psicolóxico do produtor/guionista Nunnally Johnson The Three Faces of Eve (1957). A historia orixinal de Vladimir Pozner na que se basea foi nomeada a un premio da Academia. . Radio Times, film review, 1 de novembro de 2004. Consultado o 14 de febreiro de 2010.

Estreouse en galego o 12 de novembro de 2023 a través da TVG.

Personaxes Olivia de Havilland como as xemelgas Terry e Ruth Collins Lew Ayres como Dr. Scott Elliott Thomas Mitchell como Tenente Stevenson Richard Long como Rusty Charles Evans como fiscal Girard Garry Owen como Franklin (acreditado como Gary Owen) Lela Bliss como Mrs. Didriksen Lester Allen como George Benson

Notas

Categoría:Filmes de 1946 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Siodmak Categoría:Filmes sobre psiquiatría Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes sobre irmás xemelgas Categoría:Filmes de 1946 con versión en galego