Chimizapagua foi un grupo colombiano de música andina popular que xurdiu a comezos da década de 1980.
Traxectoria O grupo naceu en 1976 cando cinco estudantes do conservatorio da Universidade Nacional decidiron crear un conxunto de música folclórica grazas á orientación do profesor Guillermo Abadía. O nome da agrupación é unha palabra chibcha elixida polo director musical Omar Flórez que significa "Enviado de Deus".Grupo ancestral hacia el universo. El Tiempo. 2 de setembro de 1998 En 1982 gravaron o seu primeiro LP Subiendo la montaña, que contén un dos temas clásicos do grupo Ojos Azules, tema tradicional dos Andes. Nese mesmo ano realizan unha xira por Ecuador, o Perú e Bolivia. En 1984 gravaron o seu segundo LP Experiencia que inclúe unha versión de La Guaneña. Tamén ese ano representan a Colombia no Festival das culturas do mundo organizado en París, Francia. A comezos da década de 1990 o grupo orixinal grava o último LP xa que en 1992 dous dos integrantes abandonan Chimizapagua para crear o dúo Madre Tierra.Grupo ancestral hacia el universo. El Tiempo. 2 de setembro de 1998 Para o disco Canto americano de 1992,Los otros sonidos de las navidades. El Tiempo. 22 de decembro de 1992 Luisa e Raúl foron substituídos polo músico José Dávila. En anos posteriores lánzanse algunhas recompilacións cos máis destacados temas do grupo.
En 1996 Ián Flórez, Omar Flórez e William Morales crearon o grupo Atusa, de curta duración.Atusa. El Tiempo. 17 de xullo de 1996Ociolatría. El Tiempo. 30 de xuño de 1996 O director Omar Flórez publicou algúns discos en solitario: Su majestad la quena, La quena Latinoaméricana e De viaje por Latinoamérica.
Discografía Álbums de estudio Subiendo la montaña (1982) Experiencia (1984) Regreso a la tierra (1990) Canto americano (1992)
Recompilacións Música de los andes (1993) Grandes Éxitos Lo mejor de la canción social - VA
Notas
Categoría:Grupos musicais de Colombia Categoría:Grupos musicais formados en 1976 Categoría:Grupos musicais separados en 1992 Categoría:Música andina