Bernard R. Sindall, nado en 1924 e finado en 1998, foi un escultor figurativo e deseñador de moedas británico.
Traxectoria miniatura|Girl in a Hat. Universidade de Birmingham."Girl in a Hat". Artuk.org
Escultor Bernard Sindall estudou Belas Artes no Brighton College of Art, da Universidade de Brighton. Posteriormente, na súa condición de gañador do Premio de Roma en 1950,Dormer, P. (1993). "Architecture: A logical solution to the labyrinth" En The Independent. 5 de outubro. pasou dous anos en Italia para coñecer de primeira man a obra dos grandes mestres da escultura."Bernard Sindall ". Goldsovereignexpert.com
Durante a súa estadía en Roma expuxo, entre outros lugares, no Palazzo Venezia, e á súa volta ao Reino Unido expuxo tamén na Royal Academy de Londres. Tamén exerceu a docencia no City and Guilds of London Institute.
Estas son algunhas das súas obras escultóricas máis salientables:
Paddler (anos 70). Estatuíña en bronce. Rye Art Gallery, Sussex."Paddler". Artuk.org Girl in a Hat (1972). Escultura en bronce, na Universidade de Birmingham. Phoebe Merricks. Busto en bronce. Rye Art Gallery, Sussex."Phoebe Merricks". Artuk.org Girl with necklace. Estatuíña en bronce."Girl with necklace". Artnet.com Mother swinging Child (1980). Estatuíña en bronce."Mother swinging Child". Artnet.com
Deseñador de moedas No campo do deseño numismático, o traballo máis sobranceiro de Sindall foi a creación de ambas as faces dunha emisión especial da serie do soberano de ouro en 1989, conmemorativa dos 500 anos do nacemento do soberano inglés."Sindall: 500th anniversary of the Gold Sovereign". Numista.com"Seated on Throne, by Bernard Sindall". Onlinecoin.club O anverso desta serie de moedas xa fora utilizado por Sindall nunha proposta para unha moeda dunha coroa en 1997, finalmente non adoptada pola Royal Mint."25 New Pence - Elizabeth II Silver Jubilee; Sindall". Numista.com"Silver Jubilee pattern crown by Sindall". The Royal Mint Museum (Royalmintmuseum.org.uk).
Mais o seu labor no deseño de moedas comezara xa catro décadas antes, coa creación en 1955 do anverso e o reverso dunha moeda dun penique a nome de Isabel II para o territorio de Rodesia e Nyasaland, que se cuñou ata 1963."Rhodesia and Nyasaland: 1 Penny - Elizabeth II". Numista.com Durante os anos seguintes, Sindall creou tamén deseños para outros territorios de soberanía británica e tamén para diferentes países, como Sri Lanka (1957),"Sri Lanka: 1 Rupee" / "5 Rupee". Numista.com Tailandia (1974),"Thailand: 100 Baht - Rama IX". Numista.com Guernsey (1977),"Guernsey: 25 Pence - Elizabeth II". Numista.com Jersey (1977)"Jersey: 25 Pence - Elizabeth II Silver Jubilee". Numista.com e Mauricio (1977)."Maurice: 25 Rupees - Elizabeth II Silver Jubilee". Numista.com
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Escultores do Reino Unido Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Alumnos da Universidade de Brighton Categoría:Personalidades sen imaxes