Alejandro Cerdá Agulló, coñecido como Álex Cerdá, nado en Alcoi o 29 de xaneiro de 2003, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Real Unión, da Primeira División RFEF, cedido polo Atlético Levante.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Levante, ao que chegou con 11 anos procedente do Alcoyano. Debutou co filial do club, o Atlético Levante, durante a tempada 2020/21, na Segunda División B. Xogou no filial ata o verán de 2023, cando saíu cedido ao Real Unión, da Primeira División RFEF.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Alcoi Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do Real Unión