María Emilia Casas Baamonde, nada en Monforte de Lemos en 1950, é unha maxistrada galega.
Traxectoria É catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade Complutense de Madrid. Foi nomeada maxistrada do Tribunal Constitucional en decembro do 1998, sendo o membro máis novo en acceder ao mesmo. En xuño do 2004 foi nomeada presidenta do Tribunal Constitucional, posto no que permaneceu ata 2011. Foi a primeira muller que o presidiu.
Recoñecementos Foi Medalla de Ouro de Galicia en 2018.
Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Carlos III de Madrid en 2012,Profª. Dña. María Emilia Casas Baamonde pola Universidade de Santiago de Compostela en 2021, dado o compromiso de María Emilia Casas coa universidade e coa sociedade “especialmente a través da defensa da democracia e das súas institucións, dos valores da xustiza e da igualdade entre o home e a muller en todos os ámbitos do desenvolvemento da persoa”, e en 2022 pola Universidade de Málaga, que recoñece na súa figura “a una mujer que ha logrado hacer camino y que nunca ha dejado de andar”.La reputada jurista Emilia Casas, nueva doctora honoris causa de la Universidad de Málaga Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas "Una monfortina de pro" La Voz de Galicia, 16/06/2004 .
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1950 Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Presidentes do Tribunal Constitucional de España Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela