Byun Baek-hyun, nado en Bucheon, Corea do Sur, o 6 de maio de 1992, máis coñecido coma Baekhyun (백현), é un cantante, bailarín e actor surcoreano. Debutou en 2012 no grupo surcoreano EXO, dentro da subunidade EXO-K xunto a outros 5 membros e máis tarde en EXO-CBX, xunto a Chen e Xiumin. Tamén é o líder do grupo colaboración SuperM.
Tras participar co seu grupo de xeito activo, Baekhyun debutou coma artista en solitario co lanzamento do miniálbum City Lights (2019). O EP foi un éxito comercial, vendendo un total de máis de medio millón de copias e converténdose no álbum dun artista surcoreano máis vendido na década de 2010. Delight (2020), foi o seu segundo EP, co que vendeu máis dun millón de copias, converténdose no primeiro disco dun solista surcoreano en facelo en 19 anos. En abril de 2021 repetiu o seu logro con Bambi, vendendo máis dun millón de copias por segunda vez consecutiva. Foi catalogado coma o «Ídolo xenio».
Primeiros anos Naceu o 6 de maio de 1992 en Bucheon, Provincia de Gyeonggi, sete anos despois do seu irmán maior Byun Baek-Beom. Collendo inspiración do cantante Rain, Baekhyun comezou a súa traxectoria ata converterse en cantante á idade de once anos, cando comezou o seu adestramento. Durante o seu tempo na Escola Secundaria de Jungwon na súa cidade natal, Baekhyun destacouse como o vocalista dunha banda, que gañou un festival musical local. Ademais, recibiu clases de piano impartidas por Kim Hyun-woo de DickPunks. Ademais das súas actividades musicais, durante a súa mocidade, Baekhyun tamén se adestrou en artes marciais e logrou alcanzar o grao de cinto negro en hapkido.
Mentres preparaba o exame de ingreso á Escola de Artes de Seúl, foi captado por un axente da compañía SM Entertainment. Posteriormente, en 2011, ingresou á compañía mediante o SM Casting System.
Carreira
2012-2017: Debut e inicio da carreira O 30 de xaneiro de 2012, Baekhyun foi revelado oficialmente coma membro do grupo EXO. O grupo debutou en abril de 2012 e dende entón gañou unha significativa popularidade e un marcado éxito comercial.
En abril de 2015, Baekhyun lanzou a súa primeira canción en solitario, «Beautiful», parte da banda sonora do drama do seu grupo EXO Next Door. Foi a primeira banda sonora dun web drama en alcanzar posicións destacadas en varias listas musicais. En maio do mesmo ano, revelouse que Baekhyun sería o protagonista da película Dokgo, compartindo pantalla co actor Yeo Jin-goo. De todas formas, a produción de dita película foi cancelada en xaneiro de 2016. En decembro, Baekhyun rendeu unha homenaxe ao defunto cantante Kim Hyun-sik ao interpretar a súa canción «Like Rain Like Music» no programa musical SBS Gayo Daejeon. A actuación foi tan apreciada que posteriormente a súa versión publicouse de xeito dixital.
En xaneiro de 2016, Baekhyun e Suzy lanzaron un dueto titulado «Dream». A canción rapidamente converteuse nun éxito comercial, alcanzando o primeiro lugar no Gaon Dixital Chart. Ademais do seu éxito nas listas, tamén logrou cinco vitorias en Music Bank e Inkigayo. En abril, Baekhyun foi galardoado co premio chinés YinYueTai V-Chart, sendo recoñecido coma o cantante máis popular de Corea do Sur. En maio, Baekhyun e K.Will lanzaron un dueto titulado «The Day» como parte do proxecto "SM Station". En agosto, debutou coma actor de televisión no drama Moon Lovers: Scarlet Heart Ryeo, que lle valeu un premio nos SBS Drama Awards. Tamén participou nunha colaboración cos seus compañeiros de grupo Chen e Xiumin, «For You», para o mesmo drama. En outubro, Baekhyun, xunto cos seus compañeiros mencionados anteriormente, formaron a subunidade EXO-CBX. O seu debut tivo lugar o día 31 de outubro co lanzamento do miniálbum titulado Hey Mama. En novembro, Baekhyun participou nun torneo do videoxogo League of Legends, o 2016 SM Super Celeb League, organizado pola súa compañía. Neste torneo, el e o seu compañeiro de empresa, Heechul, competiron xunto a xogadores profesionais e fanáticos de Corea do Sur e China.
En febreiro de 2017, Baekhyun e Soyou realizaron un dueto titulado Rain. A canción alcanzou o primeiro lugar en varias listas musicais e conseguiu o denominado all-kill, convertendo a Baekhyun no primeiro artista da súa empresa en acadar este logro. Ademais, en abril, Baekhyun lanzou un sinxelo titulado «Take You Home» para a segunda tempada de SM Station. A canción acadou o posto número dezanove no Gaon Dixital Chart.
2018-2021: Debut coma solista e SuperM O 5 de febreiro de 2018, Baekhyun interpretou o Himno Nacional de Corea do Sur durante a cerimonia de apertura da 132ª Sesión do Comité Olímpico Internacional. Neste evento, presentouse fronte a Moon Jae-in, o expresidente de Corea do Sur, e Lee Hee-beom, presidente do Comité Organizador dos Xogos Olímpicos de Pyeongchang 2018. En agosto de 2018, colaborou co rapeiro Loco para lanzar o título «Young» como parte do proxecto SM Station X 0. O dueto acadou o cuarto posto da lista World Digital Song Sales. miniatura|265x265px|Baekhyun en Lotte Family Concert en xuño de 2018. O 10 de xuño de 2019, anunciouse que Baekhyun debutaría coma solista en xullo, converténdose no terceiro integrante de EXO en facelo. Revelouse que o cantante debutaría cun EP titulado City Lights, lanzado o 10 de xullo. O EP converteuse no álbum máis vendido de xullo de 2019 na lista de álbums de Gaon, cun total de 508,321 copias. Eventualmente, o disco vendeu máis de 576,029 copias, converténdose no álbum solista máis vendido en Corea do Sur desde Hestory (2003) de Kim Gun-mo, ata que rompeu o seu propio récord co miniálbum Delight ao ano seguinte. O 7 de agosto, confirmouse a participación de Baekhyun coma membro de SuperM, un «supergrupo de K-pop» formado por SM Entertainment en colaboración con Capitol Records. As promocións do grupo comezaron en outubro, dirixidas principalmente ao mercado estadounidense. O 4 de decembro, Baekhyun recibiu o premio ao mellor artista masculino nos Mnet Asian Music Awards en recoñecemento ao éxito do seu álbum City Lights e o seu sinxelo «UN Village».
Baekhyun lanzou a canción "My Love", para a banda sonora do drama Dr. Romantic 2, o 7 de xaneiro de 2020. Ao mes seguinte colaborou na banda sonora de Hyena, coa canción "On the Road", lanzada oficialmente o 29 de febreiro, a través de Danal Entertainment. O 22 de abril de 2020, anunciouse que Baekhyun regresaría en solitario co seu segundo miniálbum a finais de maio. O 7 de maio lanzouse a canción "Leo" de Bolbbalgan4, na que Baekhyun participou coma artista convidado. O 25 de maio, Baekhyun lanzou Delight, xunto co sinxelo " Candy ". O EP obtivo máis de 732.000 copias anticipadas, polo que se converteu no álbum máis esperado dun artista en solitario na historia de Corea do Sur. O 1 de xullo, anunciouse que o álbum vendera máis dun millón de copias, polo que acadou o logro de ser o primeiro álbum dun solista surcoreano en facelo dende Another Days (2001) de Kim Gun-mo. Nese mesmo mes, lanzou unha versión da canción da cantante BoA "Garden in the Air" como parte dun proxecto para celebrar o vixésimo aniversario da cantante. Máis tarde, en 2020, lanzou dúas bandas sonoras, "Every Second" para Record of Youth e "Happy" para Do You Like Brahms? . O 6 de decembro, Baekhyun obtivo o premio "Mellor artista masculino" nos Mnet Asian Music Awards por segundo ano consecutivo. Máis tarde, en decembro, lanzou un sinxelo dixital titulado "Amusement Park".
O 3 de xaneiro de 2021, Baekhyun realizou o seu primeiro concerto en solitario, Baekhyun: Light, transmitido dixitalmente a través de Beyond Live debido a restricións relacionadas coa pandemia de COVID-19. O concerto contou con 110.000 espectadores de 120 países diferentes. Un día máis tarde, lanzou "Get You Alone", o sencillo principal do seu EP debut xaponés. O disco obtivo unha certificación de ouro por parte da Recording Industry Association of Japan. O 30 de marzo do mesmo ano, o cantante lanzou o seu terceiro EP en coreano, Bambi.
2023-presente: Demanda a SM Entertainment O 1 de xuño, anunciouse que Baekhyun xunto a Chen e Xiumin, anularían os seus contratos con SM para máis tarde presentar unha demanda en relación coa transparencia de ingresos. En resposta, SM confirmou que os tres integrantes estaban estudando a forma de seguir promovéndose como membros de EXO tras os resultados da demanda. O 19 de xuño, anunciouse que o conflito se resolveu e os tres seguirían formando parte da axencia.
Moda e anuncios En maio de 2018, Vogue revelou que Baekhyun colaboraría con Privé para lanzar a súa propia marca denominada Privé by BBH. Baekhyun agora é o director cocreativo da marca. Nunha entrevista con Forbes, Baekhyun explicou que o seu obxectivo é alentar ás persoas a abrazar a valentía.
En setembro de 2020, foi anunciado coma embaixador da marca Burberry. Ademais, logrou converterse no primeiro artista masculino de K-Pop en lograr a aparición en solitario na revista Harper's Bazaar Korea, na edición de outubro. Tamén logrou converterse en embaixador da marca Life Pharm.
Vida persoal En xuño de 2014, SM Entertainment confirmou a relación sentimental entre Baekhyun e Taeyeon de Girls' Generation. En setembro de 2015, a axencia confirmou a súa ruptura.
Discografía
EP
2019: City Lights 2020: Delight 2021: Baekhyun 2021: Bambi
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Bucheon Categoría:Cantantes de Corea do Sur Categoría:Artistas de SM Entertainment