Bernhard Prokisch, nado en Linz, Alta Austria, o 1 de setembro de 1957, é un historiador da arte e numismático austríaco.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Bernhard Prokisch naceu en Linz en 1957, fillo da profesora de ximnasia e danza Gertrud Prokisch e do traballador de banca Herbert Prokisch. Logo de graduarse do ensino secundario no Akademisches Gymnasium de Linz e desenvolver o servizo militar entre 1976 e 1977, cursou estudos superiores de Historia da Arte e Arqueoloxía Clásica na Universidade de Viena entre 1977 e 1978 —con profesores como Erich Schmidt e Renate Wagner-Rieger—, e a partir do ano seguinte ampliou os seus estudos á Numismática na mesma universidade, co profesor Robert Göbl, entre outros."Curriculum Vitae". En Universität Wien (2014). Páxinas 8-9.Szaivert, W. "Laudatio: Bernhard Prokisch, 25 Jare iNumismatik in Wien". En Universität Wien (2014). Páxinas 10-17.

En 1985 acadou o seu doutoramento baixo a dirección de Günther Heinz e Artur Rosenauer, cunha tese titulada "Estudo sobre a arte eclesiástica do século XIX na Alta Austria".

Carreira profesional Logo do seu doutoramento realizou traballos en diversas institucións como a Oficina Federal de Monumentos, o Museo Estatal da Alta Austria ou o departamento numismático da casa de poxas Dorotheum, de Viena. Ademais, nestes primeiros anos da década de 1990, Prokisch continuou desenvolvendo traballos científicos de xeito autónomo, entre eles a súa colaboración na topografía artística da cidade de Linz, para a Oficina Federal de Monumentos, así como a asesoría en diversas exposicións organizadas na Alta Austria.

En 1992 regresou á súa cidade natal, Linz, para traballar como numismático no Museo Estatal, onde en 1997 ocupou a xefatura do Departamento de Estudos Culturais."Wie ein Münzkundler plötzlich Leiter des Landesmuseums wurde". En OÖ Nachrichten. 21 de febreiro de 2018. En 1995 tamén foi nomeado xefe da Colección de Numismática, Alfándegas e Historia Financeira dos Museos Estatais da Alta Austria,"Dr. Bernhard Prokisch, Privatdoz". Universität Wien. cargo que ocupou ata 2002.

Entre 2008 e 2012 foi membro da Comisión Numismática da Academia Austríaca de Ciencias.

A partir de febreiro de 2018, logo da marcha de Gerda Ridler, Prokisch foi durante uns meses director científico interino dos Museos Estatais da Alta Austria (Museos do Castelo de Linz, Galería Estatal, etc.).

Paralelamente á súa actividade museística, a partir de 1986 Prokisch exerceu a docencia da materia de Numismática na Universidade de Viena, e colaborou co Instituto de Numismática e Historia Monetaria desa universidade.

Recoñecementos

1985: Premio á promoción do talento científico, do Estado da Alta Austria. 2009: Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional. 2014: Medalla Wolfgang Hahn, da Universidade de Viena."Wolfgang Hahn Medal". Universität Wien.Emmerig, H. (2014). "Vorwort" En Universität Wien (2014). Páxinas 5-6. 2021: Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca."Die Eckhel Medaille ". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at).

Publicacións Bernhard Prokisch ten publicados máis dun cento de artigos en diversas revistas especializadas e publicacións conxuntas. Esta é unha escolma das monografías máis salientables publicadas ao longo da súa traxectoria:Emmerig, H. "Schriftenverzeichnis von Bernhard Prokisch 1979-2014". En Universität Wien (2014). Páxinas 35-56.

(1993). Stadtpfarrkirche Steyr: Bau- und Kunstgeschichte. Ennsthaler. ISBN 978-3850683661 (1993). Grunddaten zur europäischen Münzprägung der Neuzeit ca. 1500-1990. Fassbaender. ISBN 978-3900538354 (1995). Das Museum Francisco-Carolinum in Linz. OÖ Landes-Kultur GmbH. ISBN 978-3900746810 (1997). Die Sammlung Kastner. Band 4. Münzen. OÖ. Landesmuseum, Linz 1997. (1997). Repertorium zur Neuzeitlichen Münzprägung Europas: Heiliges Römisches Reich Deutscher Nation und Nachfolgestaaten - Der Bayerische Reichskreis (con H. Emmerig et al.). ÖFN, Viena. ISBN 978-3950053012 (2002). Gotik Schätze. Oberösterreich (con L. Schultes) OÖ. Landesmuseums, Linz. ISBN 978-3-85252-472-6 (2004). Der Schatzfund von Fuchsenhof (con T. Kühtreiber, eds.). Bibliothek der Provinz. ISBN 3-85474-126-X (2006). Die Münzen und Medaillen des Deutschen Ordens in der Neuzeit. ÖFN, Viena. ISBN 978-3950053081 (2009). Die Raitpfennigprägung in den österreichischen Erbländern (con A. Grundner-Rosenkranz et al). ÖFN, Viena. ISBN 978-3950198713 (2016). Die Sammlung von Bergbaugeprägen des Karl Ritter von Ernst. Münzen, Marken, Medaillen, Rechenpfennige und Jetons aus dem 15. bis 20. Jahrhundert. ÖFN, Viena. ISBN 978-3950198768 (2016). Schlossmuseum Linz. Schätze aus Oberösterreich (con G. Ridler). Bibliothek der Provinz. ISBN 978-3-99028-534-3 (2021). Feldkirchen an der Donau - Streifzug in die Vergangenheit (con W. Mayrhofer). Oberösterreichisches Landesarchiv. ISBN 978-3902801401 (2022). Der Münzchatzfund von Landshut: Gemeinde Unterweißenbach, politischer Bezirk Freistadt, Oberösterreich (con A. Weidinger et al.). OÖ Landes-Kultur GmbH. ISBN 978-3854743910

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Universität Wien (2014). Privatdoz. Dr. Bernhard Prokisch. Institut für Numismatik und Geldgeschichte. 2014 ISSN 1563-3764

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Linz Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Historiadores de Austria Categoría:Historiadores da arte Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Galardoados coa medalla Eckhel Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Profesores da Universidade de Viena Categoría:Directores de museos Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias Categoría:Personalidades sen imaxes