Cartomil é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 138 habitantes (72 homes e 66 mulleres). Patrimonio
O cruceiro de Cartomil ten plataforma cuadrangular de tres graos, pedestal cúbico rematado en roda con bocel, fuste de sección circular cadrada na base. Capitel cilíndrico co astrágalo circular, liso, ábaco de lados curvos e vértices agudos, e decoración de volutas e caras. Cruz de sección octogonal con remates florenzados. Cristo Crucificado coa cabeza inclinada cara a diante, as mans abertas, coroa de espiños e cartela de INRI. A Virxe, en actitude de orar, cos dedos entrelazados, álzase sobre peaña de querubín.PXOM de Rianxo 2014.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Taragoña
Parroquias de Rianxo
Categoría:Lugares de Rianxo