A MBTPS2 (do inglés membrane-bound transcription factor site-2 protease), protease do sitio 2 de factor de transcrición unida a membrana, tamén chamada endopeptidase S2P ou protease do sitio 2 (S2P), é un encima () codificado polo xene do cromosoma X humano, que libera o fragmento N-terminal dos factores de transcrición SREBP das membranas. A S2P corta o dominio transmembrana da SREPB, polo que que un membro da clase das proteases intermembrana.

A S2P cataliza a seguinte reacción:

Corta varios factores de transcrición que son proteínas transmembranas de tipo 2 con dominios situados dentro das membranas. Substratos coñecidos son SREBP-1, SREBP-2 e formas do activador transcricional ATF6.

Este enima pertence á famila das peptidases M50.

Función Este xene codifica unha metaloprotease de cinc intramembrana, que é esencial no desenvolvemento. Esta protease funciona na activación da proteína sinal implicada no control da transcrición de esterois e a resposta ao estrés do retículo endoplasmático. As mutacións neste xene foron asociadas coa ictiose folicular con alopecia e fotofobia; esta síndrfome foi ligada cuantitativamente coa redución da homeostase do colesterol e a resposta ao estrés do retículo endoplasmático.RefSeq, agosto 2009 Homo sapiens membrane bound transcription factor peptidase, site 2 (MBTPS2), mRNA

Notas

Véxase tamén Outros artigos MBTPS1

Ligazóns externas

Categoría:Hidrolases