A proteína que se une á vitamina D (abreviada DBP, do inglés vitamin D-binding protein), coñecida orixinalmente como globulina gc (globulina de compoñente específico de grupo) é unha proteína que en humanos está codificada no xene GC do cromosoma 4. Pode unirse a diversas formas da vitamina D. A DBP é xeneticamente o membro máis antigo da familia do albuminoide e apareceu moi cedo na evolución dos vertebrados.

Estrutura A DBP humana é unha alfa-globulina glicosilada de ~58 kDa. Os seus 458 aminoácidos están codificados en 1690 nucleótidos no cromosoma 4 (4q11–q13). A súa estrutura primaria contén 28 residuos de cisteína formando moitos enlaces dislfuro. Contén 3 dominios. O dominio 1 está composto de 10 hélices alfa, o dominios 2 de 9, e o dominio 3 de 4.

Función

A proteína que se une á vitamina D pertence á familia xénica da albumina, xunto coa albumina sérica humana e a alfa-fetoproteína. É unha proteína multifuncional que se atopa no plasma, fluído ascítico, líquido cefalorraquídeo e na superficie de moitos tipos celulares.

Pode unirse a varias formas de vitamina D incluíndo o ergocalciferol (vitamina D2) e colecalciferol (vitamina D3), as formas hidroxiladas (calcifediol), e o produto hormonal activo, 1,25-dihidroxivitamina D (calcitriol). A maior proporción de vitamina D no sangue está unida a esta proteína. Transporta metabolitos de vitamina D entre a pel, fígado e riles, e a varios tecidos diana.

Igual que o factor activador de macrófagos derivado da proteína Gc, é un factor activador dos macrófagos (MAF) que foi testado para usalo no tratamento do cancro, que activaría os macrófagos contra as células do cancro.

Produción

Sintetízana as células parenquimais hepáticas e segrégana na circulación sanguínea.

Regulación Os factores de transcrición HFN1α é un regulador positivo, mentres que HFN1β é un regulador negativo dominante da expresión da DBP.

Variación Coñécense moitas variantes xenéticas do xene GC. Producen 6 haplotipos principais e 3 variantes proteicas principais (Gc1S, Gc1F e Gc2). As variacións xenéticas están asociadas con diferenzas nos niveis circulantes de 25-hidroxivitamina D. Propúxose que serven para explicar algunhas das diferenzas no status da vitamina D en diferentes grupos étnicos, e correlaciónanse coa resposta á suplementaciónn con vitamina D.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Vitamina D Categoría:Proteínas