Braulio de Zaragoza, tamén coñecido coa variante Boulo, nado en Zaragoza arredor do ano 590 e finado na mesma cidade en 651, foi un escritor e bispo visigodo de Zaragoza na Hispania posromana.

Traxectoria Foi bispo de Zaragoza desde 631 a 651, en cuxa sede sucedeu ao seu irmán Xoán (619-631). Ademais, foi un dos intelectuais máis destacados da España visigoda. Tivo relación con Isidoro de Sevilla, de quen catalogou as súas Etimoloxías, ás que lle puxo títulos e dividiu en capítulos. Consérvanse numerosas epístolas que dan idea da fecunda comunicación que mantiveron.

Escribiu unha Vida de San Millán de la Cogolla (h. 640) e un valioso himno en loor do mesmo santo, que está considerado como un dos mellores poemas do período visigodo....hacia 639-640. (Trevijano 2004:355) Foi o seu discípulo Euxenio de Toledo«La música en la Iglesia Romana. El Gregoriano». que chegou a Zaragoza para pórse en contacto con Braulio, e soubo fundir os ensinos do seu mestre e de Isidoro de Sevilla.

Consérvanse 44 cartas do seu Epistolario que, entre outras cousas, ofrecen ampla documentación sobre a cultura do seu tempo e mostran a súa relación co papa Honorio I e cos reis visigodos Chindasvinto e Recesvinto. Tamén se lle atribúen a el as Actas dos Mártires de Zaragoza.

Acudiu aos concilios V (636) e VI (638) de Toledo. Morreu en Zaragoza o ano 651 e foi sucedido na diocese episcopal de devandita cidade por Samuel Tajón.

Aínda que existen dúbidas sobre a súa canonización formal, a Igrexa católica incorporouno ao Martiroloxio Romano e fixou a data da súa conmemoración o 18 de marzo, día que chegou a celebrarse até, polo menos, 1809. Posteriormente, a festividade trasladouse ao 26 de marzo.

Galicia En Galicia é padroeiro da parroquia de San Boulo de Caaveiro.

Notas

Véxase tamén

:Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Boulo

Enlaces externos

Braulio de Zaragoza en Gran Enciclopedia Aragonesa en línea. Texto de la Vida de San Millán de Braulio de Zaragoza. Cronología del obispado de Zaragoza. 

Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Reino Visigodo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia Categoría:Finados en 651