foi un escritor chinés da dinastía Qing. A súa obra máis recoñecida son os Contos estraños de Liao Zhai (聊齋誌異, Liáo Zhāi Zhìyì).
Biografía Pu Songling naceu nunha familia de mercadores de clase baixa de Zichuan (en Zibo, Shandong). Aos dezaoito anos, recibiu o grao de xiùcai (秀才, "talento sobresaínte") nos exames imperiais. Porén, non foi até os setenta e un que foi premiado co grao de gòngshēng (貢生, "estudante selecto") polos seus logros literarios.
Traballou como titor privado durante a meirande parte da súa vida, recompilando historias que logo serían publicadas nos Contos estraños de Liao Zhai (1740). Algúns críticos atribúenlle a novela en chinés vernáculo Os vínculos do matrimonio (醒世姻緣傳, Xǐngshì Yīnyuán Zhuàn).
Na cultura popular En Shéntàn Pú Sōnglíng Zhī Lánruò Xiānzōng (2019), Jackie Chan interpreta a Pu Songling. Dao Lang publicou varios discos baseados nos seus contos.
Traducións
Pu Songling (2001). Contes estranys del pavelló dels lleures. Tradución ao catalán de Manel Ollé e Chün Chin. Quaderns Crema.ISBN 9788477273219 Pu Songling (2004). Cuentos de Liao Zhai. Tradución ao castelán de Laureano Ramírez e Laura A. Rovetta. Alianza. Pu Songling (1988). Ipuinak. Tradución ao éuscaro de Jabier Kalzakorta. Labayru Ikastegia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Literatura da dinastía Qing
Ligazóns externas Obras de Pu Songling no Proxecto Gutenberg 蒲松龄 (La literatura china traducida en España)
Categoría:Finados en 1715 Categoría:Nados en 1640 Categoría:Literatura en lingua chinesa Categoría:Literatura da dinastía Qing