Ander Yoldi Aizagar, nado en Pamplona o 9 de setembro de 2000, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Osasuna Promesas da Primeira División RFEF.

É irmán do tamén futbolista Mikel Yoldi.

Traxectoria Formouse na canteira do CD Pamplona, co que disputou a División de Honra Xuvenil. Rematada a súa etapa como xuvenil, fichou en 2020 polo Mutilvera, co que debutou na Segunda División B. Alí axiña comezou a destacar e unha tempada despois foi fichado por Osasuna para xogar no filial do club, o Promesas.

Comezou a tempada 2021/22 como titular, pero no seu quinto partido co equipo, diante do Arenas de Getxo, acabou gravemente lesionado, ao sufrir a rotura do ligamento cruzado do xeonllo esquerdo. Permaneceu preto dun ano fóra dos terreos de xogo e durante a súa ausencia o equipo vermello conseguiu o ascenso á Primeira División RFEF. Reapareceu no inicio da seguinte campaña, na que disputou a maioría de encontros do equipo, dirixido por Santiago Castillejo. Na xornada 36 saltou ao campo no treito final do partido, cando o seu equipo perdía por 1-0 diante do Calahorra, e marcou un triplete en 10 minutos e 28 segundos. Bateu tres récords da aínda curta historia da Primeira RFEF (triplete máis rápido, primeiro xogador en conseguir un triplete saíndo dende o banco e xogador que menos tempo precisou estar no campo para marcar tres goles).

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Osasuna B