Gaṅgeśa (sánscrito: गङ्गेश उपाध्याय; IAST: Gaṅgeśa Upādhyāya), nado durante o século XIV no reino de Mithila, foi un filósofo, lóxico e matemático indio, fundador da escola da navya-nyāya ("nova lóxica"). O seu libro Tattvachintāmaṇi ("A xoia do pensamento sobre a natureza das cousas"), tamén coñecido como Pramāṇacintāmaṇi ("A xoia do pensamento sobre os medios válidos de coñecemento"), é o texto fundamental de toda a lóxica india posterior.
Traxectoria Gaṅgeśa naceu na aldea de Karion, á beira do río Kamala, varios quilómetros ao sueste de Darbhanga, nunha familia de brahmanas. Segundo a tradición, foi analfabeto durante toda a súa infancia, pero logo foi bendicido cos seus coñecementos de lóxica pola deusa Kali.
Tattvacintāmaṇi O texto fundamental do navya-nyāya está dividido en catro libros ou khaṇḍas: o Pratyakṣakhaṇḍa ("Sobre a percepción"), o Anumānakhaṇḍa ("Sobre a inferencia"), o Upamānakhaṇḍa ("Sobre a comparación") e mais o Śabdakhaṇḍa ("Sobre o testemuño verbal"). O primeiro deles comeza cunha saudación á deusa Shiva. A obra é unha exposición sistemática dos seus coñecementos sobre epistemoloxía, lóxica e filosofía da linguaxe. Tamén aborda outros temas, como a demostración da existencia de deus.
Gaṅgeśa refírese ás súas ensinanzas como navya-nyāya ou "nova lóxica". Porén, este termo non implica unha orixinalidade de contidos, senón da metodoloxía aplicada. Así, a súa principal diferenza co nyāya tradicional é reorganizar os temas da lóxica en catro padārtha ou categorías, no canto de dezaseis, e aceptar os presupostos da escola Vaiśeṣika. Ademais, é máis preciso e coidadoso na definición dos termos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ganeri, J. (2023). Analytic Philosophy in Early Modern India. The Stanford Encyclopedia of Philosophy. Ingalls, D.H.H. (1951). Materials for the Study of Navya-nyāya Logic. Motilal Banarsidass. Phillips, S. (2020). Gaṅgeśa. The Stanford Encyclopedia of Philosophy. Vidyabhusana, S.C. (1920). A History of Indian Logic: Ancient, Mediaeval and Modern Schools. Motilal Banasidass.
Ligazóns externas Bibliografía sobre Gaṅgeśa (The History of Logic from Aristotle to Gödel)
Categoría:Filósofos da India Categoría:Escritores da India Categoría:Escritores en lingua sánscrita Categoría:Nados na India Categoría:Lóxica Categoría:Epistemoloxía