Dwayne Lee Bacon Jr., nado o 30 de agosto de 1995 en Lakeland, Florida, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no BC Zenit San Petersburgo ruso.
Traxectoria profesional O 22 de xuño de 2017, Bacon foi seleccionado na 40ª posición do Draft da NBA de 2017 polos New Orleans Pelicans, quen o traspasaron ós Charlotte Hornets na mesma noite do Draft. O 6 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie cos Hornets. Bacon debutou na NBA o 18 de outubro de 2017, facendo oito puntos na derrota por 90–102 contra os Detroit Pistons.
O 24 de novembro de 2020, Bacon asinou cos Orlando Magic. Debutou cos Magic o 23 de decembro de 2020, na vitoria dos Magic por 113–107 contra os Miami Heat.
O 26 de outubro de 2021, Bacon asinou co AS Monaco Basket da LNB Pro A francesa.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Florida Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores do AS Monaco Basket Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores dos Shanghai Sharks Categoría:Xogadores dos Leones de Ponce Categoría:Xogadores do BC Zenit San Petersburgo