Too Pure foi un selo discográfico intependente inglés baseado en Londres e fundado en 1991 por Richard Roberts e Paul Cox. A etiqueta gañou fama tras o lanzamento do álbum de estrea de PJ Harvey, Dry, en 1992, e posteriormente conseguiu máis éxitos a finais dos 90 e principios dos 2000 con traballos de artistas de indie rock como Mclusky e Electrelane.
Too Pure pasou a ser parte do Beggars Group, que mercou a meirande parte do selo, e en 2008 os seus principais artistas foron transferidos a 4AD, tamén parte do grupo. A discográfica continuou funcionando como un servizo de subscrición mensual chamado Too Pure Singles Club que finalmente sería pechado en 2017 tras 120 lanzamentos.
Artistas
Billy Mahonie Bows Electrelane Fear of Men Friendship Future of the Left Hefner Jack Kaputt Laika Long Fin Killie Mclusky
Monade Moonshake Motormark Mouse on Mars Murry the Hump Peggy Sue PJ Harvey Pram Rothko Scout Niblett Scala
Seefeel Seely Shooting at Unarmed Men Stereolab Suncarriage Th' Faith Healers The Keys The Rogers Sisters Tigercub Tracy and the Plastics Voodoo Queens
Notas
Categoría:Discográficas do Reino Unido