Belle (en ; Ryū to Sobakasu no Hime) é un filme xaponés de 2021 escrito e dirixido por Mamoru Hosoda e producido por Studio Chizu. A historia inspirouse no conto de fadas francés de 1756 A Bela e a Besta de Jeanne-Marie Leprince de Beaumont así como no filme de 1991 Beauty and the Beast.
Belle estreouse o 15 de xullo de 2021 Festival Internacional de Cinema de Cannes, onde tivo unha boa acollida pola crítica cunha grande ovación que durou catorce minutos. Ademais, o filme foi dobrado en varias linguas estranxeiras (inglés, chinés, noruegués, portugués, castelán, italiano, francés, grego, alemán e polaco). Estreouse nos cinemas do Xapón o 16 de xullo de 2021. GKIDS concedeu a licenza do filme en América do Norte, sendo a data de estrea a nivel nacional o 14 de xaneiro de 2022, e preestreas en cinemas IMAX seleccionados o 12 de xaneiro, mentres que Anime Limited estreou o filme no Reino Unido o 4 de febreiro de 2022.
Estreouse en galego en liña o 2 de xaneiro de 2026 na plataforma do Xabarín Club.
Personaxes PersonaxeActor de voz orixinal Suzu Naito / Belle Kaho Nakamura O Dragón / Kei Takeru Satō Padre de Suzu Kōji Yakusho Hiroka "Hiro-chan" Betsuyaku / Eroh Rira Ikuta Shinobu "Shinobu-kun" Hisatake Ryō Narita Shinjiro "Kamishin" Chikami Shōta Sometani Ruka "Ruka-chan" Watanabe Tina Tamashiro Justian Toshiyuki Morikawa Okumoto Fuyumi Sakamoto Jelinek Kenjirō Tsuda Swan Mami Koyama Muitarō Hitokawa / Tokoraemaru Mamoru Miyano Kita Michiko Shimizu Yoshitani Ryoko Moriyama Hatanaka Sachiyo Nakao Kei Takeru Sato Tomo HANA Nakai Yoshimi Iwasaki Nai de Suzu Sumi Shimamoto Pai de Kei Ken Ishiguro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Mamoru Hosoda Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes sobre violencia doméstica Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego