Coristanco é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no 2018 tiña 5.950 habitantes (6.706 no 2014, 6.974 no 2012, 7.102 no 2011, 7.165 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».

Xeografía Situación O concello limita ao norte con Ponteceso e Carballo, ao sur con Santa Comba, Zas e Tordoia, ao leste con Carballo e ao oeste con Cabana de Bergantiños. A principal vía de comunicación é a estrada AC-552, que une A Coruña con Fisterra. Parroquias de Coristanco Hidrografía A lagoa de Alcaián, tamén coñecida como Braña Rubia, está situada na parroquia de Seavia, ao pé do monte Bubela. Malia o seu nome, é unha braña, e só ten auga estancada nas épocas máis chuviosas. Na actualidade está moi descoidada e apenas ten patrimonio ecolóxico. O nome de Alcaián débese á lenda de que baixo a lagoa hai unha cidade somerxida (lenda repetida noutras moitas outras lagoas) chamada Alcaián. Outra lagoa do concello é a lagoa de Cuns.

Demografía

Fonte INE, 1857-2011; IGE, Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos

Censo total 2014 6706 habitantes Menores de 15 anos 631 (9.41 %) Entre 15 e 64 anos 4006 (59.74 %) Maiores de 65 anos 2069 (30.85 %)

Historia Hai restos megalíticos no concello, unhas 30 mámoas construídas hai uns 8.000 anos, sendo os mellor conservados os catro que hai no monte Lume de Suso e os de Porcariza, en Xaviña.

A partir do século VI a. C. chegou a cultura castrexa traída polos ártabros. Na zona establecéronse os Brigaecini, que deron nome á comarca. Consérvanse oito castros catalogadosCASTROS DE GALIZA/GALICIA I Coristanco onosopatrimonio.blogspot.com.es, en moi mal estado de conservación debido ó uso das súas pedras noutras construcións ou peches de leiras.

Castro Redondo e O Portal (A Cruz de Agrelo-Cereo) Cotón e San Roque (Coristanco) Santa Cecilia (Centiña-Coristanco) Vilar (Couso); O Cotón (Ferreira) Oca e As Picureas (Oca) Lume de Suso (Santa Baia de Castro) A Croa de Arixón (Seavia) Puga (Arixón-Seavia) Castrobó (Castrobó-Valenza) A Insua (Valenza)

Coa romanización comezaron a mellorarse as comunicacións, con construcións como a ponte Lubiáns sobre o río Rosendo.

Durante a Idade Media a zona estivo dominada polo arcebispo de Santiago, o mosteiro de San Mamede de Seavia e o conde de Traba. Na torre de Nogueira viviron os Bermúdez de Castro.

O concello de Coristanco constituíuse en 1835, formando parte do partido xudicial de Carballo. Con anterioridade a maioría das súas parroquias pertencían a Santiago de Compostela.

Cultura Patrimonio arquitectónico A ponte Lubiáns cruza o río Rosendo, afluente do Anllóns. Une o concello de Carballo con Coristanco, no lugar de Montecelo, na parroquia de Oca.

Foi construída no século I, e por ela discorría a vía XIX do itinerario de Antonino, tamén chamada Per loca maritima. Até a construción moitos anos despois da Ponte Nova uns metros máis abaixo serviu de paso entre A Coruña e Fisterra. Nas súas orixes tiña cinco arcos, contando na actualidade con 4. Ten 40,5 metros de lonxitude e 2,6 de ancho. A súa maior altura sobre o río é de 5,4 m. Aínda conserva a calzada de lousas.

A torre de Nogueira está situada no lugar de Nogueira, na parroquia de Seavia. É de forma rectangular e estilo gótico, de 13 m de altura. Formaba parte do pazo-fortaleza dos Bermúdez de Castro, levantado no século XV. O pazo tiña dúas torres, de carácter defensivo.

O pazo de Cereo Vello conserva entre dous pináculos barrocos unha pedra de armas co emblema dos Manueles, descendentes do infante Xoán Manuel, á súa vez descendente de Afonso X o Sabio. O escudo é acuartelado con dous leóns rampantes con dous brazos armados. Consérvanse tamén os emblemas doutras familias nobres de Bergantiños, como os Vilardefrancos e os Pardiñas.

Outros dous pazos son o de Ferreiros, que pertenceu a un descendente de María Pita, e o de Ponte, en Verdes, que conserva restos dunha torre con pequenas garitas e unha gran muralla arredor da construción.

Irmandade Coristanco está irmandado dende 1998 con La Guyonnière situado no departamento Vendée na rexión Países do Loira.

La Guyonnière

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lugares de Coristanco Eleccións municipais en Coristanco

Categoría:Coristanco