miniatura|250px|O estadio El Campín baleiro. O Estadio Nemesio Camacho El Campín, coñecido simplemente como El Campín, é o estadio de fútbol máis grande de Bogotá, situado na localidade de Teusaquillo, centro-oeste da capital de Colombia. Foi inaugurado o 10 de agosto de 1938 cunha capacidade inicial de 10.000 espectadores, con motivo dos Xogos Bolivarianos que se celebraron na cidade, tras obter a sede desta primeira versión na sesión do Comité Olímpico Internacional realizada en Berlín en 1936, disputada con Caracas.
No estadio xogan Millonarios e Independiente Santa Fe, quen gañaron en 16 e 9 ocasións respectivamente a liga colombiana para a cidade. Tamén foi sede ocasional de equipos como Chicó F.C., La Equidad, Fortaleza, Tigres F.C., Bogotá F.C., Academia F.C., El Cóndor, Atlético Huila e Deportivo Pasto.
Notas
Categoría:Estadios de fútbol de Colombia