Armando Corbalán Domingo, nado en Valencia o 30 de marzo de 1994, é un futbolista español, que xoga como centrocampista no Sestao River, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Levante, debutando co Levante B na Segunda División B na tempada 2013/14. Despois de dúas tempadas no filial, pasou polo Tenerife B, antes de regresar en 2016 á súa cidade natal, onde foi fichado polo Valencia Mestalla. Con todo, non chegou a debutar co filial valencianista, sendo cedido ao Castellón, de Terceira, e logo ao Sestao River, de Segunda B.

En 2017 recalou en Galicia, onde vestiu as camisetas do Cerceda e do Rápido de Bouzas, sendo titular indiscutible en ambos pero vivindo senllos descensos a Terceira. Continuou en Segunda B nas filas do Haro e máis tarde do Algeciras, antes de pasar á nova Primeira División RFEF, categoría na que xogou co UCAM Murcia, Sabadell e Sestao River.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com

Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1994 Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do CD Tenerife B Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do Sestao River Club Categoría:Xogadores do CCD Cerceda Categoría:Xogadores do Rápido de Bouzas Categoría:Xogadores do Algeciras CF Categoría:Xogadores do UCAM Murcia Categoría:Xogadores do CE Sabadell