A orquídea púrpura pequena, Orchis ustulata,Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións L. 1753 é unha especie incluída no xénero de orquídeas Orchis da subfamilia Orchidoideae da familia das Orchidaceae. Distribúense por Europa. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.

Descrición miniatura miniatura|Ilustración. As follas son oblongas cunha lonxitude de 5 cm, medra dende os nódulos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son redondos

As inflorescencias, que son erectas en espiga, saen da roseta basal de follas estando cuberto o talo en 1/3 por unha bráctea cor verde clara. Presenta unha densa floración con flores pequenas. O tres sépalos son iguais en tamaño estando soldados polos lados quedando os ápices soltos e forman unha especie de gorra que cobre a columna. Os sépalos presentan unha cor púrpura escura que nos bordos vira a esbrancuxada na face, e de cor branca con motas púrpuras no envés. O labelo sobresae debaixo do casco 2/3 partes, é de cor branca con algunhas motas de cor púrpura grosas e dispersas. O labelo presenta unha indentación no extremo da parte inferior con dous lóbulos lixeiramente cara arriba. Tamén presenta dous lóbulos, un a cada lado na parte superior que están lixeiramente arqueados cara arriba. Ten dous pétalos máis moi reducidos. Florece dende abril até xuño. A cor pode variar en intensidade dos tons púrpuras.

Hábitat Desenvólvese en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra.

Usos medicinais miniatura|Roseta foliar. A fariña dos seus tubérculos chamada salep é moi nutritiva e demulcente. Úsase en dietas especiais de convalecentes e nenos. É moi rica en mucílago e forma unha demulcente e suave xelatina que se usa para a canle gastrointestinal irritada. Unha parte de fariña con cincuenta partes de auga son suficientes para formar a xelatina. O tubérculo para preparar a fariña debe ser colleitado cando a planta está recentemente seca despois da floración e cando soltou as sementes.

Taxonomía Orchis ustulata foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 941. 1753.

Etimoloxía

As orquídeas reciben o seu nome do grego όρχις orchis, que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra orchis usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 a. C.), no seu libro De historia plantarum (Historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da Botánica e da Ecoloxía.

ustulata: epíteto latino que significa «queimado», «de lume».

Sinonimia

Orchis amoena Crantz 1769 Orchis columnae F.W.Schmidt 1795 Orchis parviflora Willd. 1805 Orchis hyemalis Raf. 1817 Orchis imbricata Vest 1824 Neotinea ustulata (L.) R.M.Bateman, Pridgeon & M.W.Chase 1997

Notas

Véxase tamén Outros artigos Polinización en orquídeas Características das orchidáceas

Bibliografía Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991. Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993. White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996. Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por Timber Press. Bechtel, Cribb e Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species Publicado por MIT Press. Williams, N. H. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110. 1972

Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas medicinais Categoría:Orchis Categoría:Orquídeas de Galicia