Per Olov Enquist ou P. O. Enquist, nado o 23 de setembro do 1934 e finado o 25 de abril do 2020, foi un novelista, dramaturgo e xornalista sueco.
Traxectoria Enquist naceu e medrou en Hjoggböler, unha vila do actual municipio de Skellefteå, no condado de Västerbotten. Foi o único fillo da súa nai, que enviuvou cando Enquist tiña só seis meses. Durante a súa mocidade, destacou como atleta no salto de altura. Graduouse en Historia da Literatura na Universidade de Uppsala.
Enquist faleceu de cancro o 25 de abril do ano 2020, tras unha longa enfermidade. Tiña 85 anos.
Obra Comezou a escribir durante a súa etapa universitaria. A súa primeira novela, Kristallögat ("O ollo de cristal"), publicouse no 1961. Enquist gañou o Premio Literario do Consello Nórdico no 1968 por Legionärerna ("Os lexionarios"), unha recreación da deportación dos soldados dos países bálticos de Suecia ao remate da segunda guerra mundial. Con esta obra, foi recoñecido internacionalmente. Enquist continuou escribindo novelas históricas, como Kapten Nemos bibliotek ("A biblioteca do capitán Nemo", 1991), sobre un célebre caso de nenos intercambiados ao nacer en Suecia; Livläkarens besök ("Unha visita ao veterinario", 2001), sobre a vida do pentecostalista Lewi Pethrus; ou Blanche och Marie ("Branca e María", 2004), sobre Marie Curie e a paciente psiquiátrica Marie "Blanche" Wittman.
A súa primeira obra de teatro, Tribadernas natt ("A noite das tribos", 1975), versa sobre o escritor August Strindberg e o seu divorcio de Siri von Essen, a causa da amante de aquel, Marie David. Enqist tamén escribiu guións cinematográficos para películas como Pelle Erövraren (1987), Il Capitano: A Swedish Requiem (1993), ou Hamsun (1996).
Recoñecementos
Premio Literario do Consello Nórdico (1968). Premio Dobloug (1988). Premio Selma Lagerlöf (1997). Premio Flaiano (2002). Premio Nelly Sachs (2003). Premio August (2003, 2008). Premio Austríaco de Literatura Europea (2009). Premio Nórdico da Academia Sueca (2010).
Bibliografía
Guións
Chez Nous (1976) Strindberg. Ett liv (1985). Baseado na súa biografía do mesmo título.
Literatura infantil
De tre grottornas berg (2003) Den tredje grottans hemlighet (2010)
Narrativa Kristallögat (1961)
Färdvägen (1963)
Magnetisörens femte vinter (1964) Bröderna Casey (1964) Hess (1966) Legionärerna: En roman om baltutlämningen (1968) Sekonden (1971) Katedralen i München (1972) Berättelser från de inställda upprorens tid (1974) Musikanternas uttåg (1978) Doktor Mabuses nya testamente (1982) Nedstörtad ängel (1985) Två reportage om idrott (1986) Protagoras sats (1987) Kapten Nemos bibliotek (1991) Livläkarens besök (1999) Lewis resa (2001) Boken om Blanche och Marie (2004) Liknelseboken (2013)
Non ficción
Sextiotalskritik (1966) Strindberg. Ett liv (1984) Kartritarna (1992) Ett annat liv ("Unha vida diferente", 2008). A súa autobiografía.
Teatro
Tribadernas natt (1975) Mannen på trottoaren (1979) Till Fedra (1980) Från regnormarnas liv (1981) En triptyk (1981). Contén os seus dramas Tribadernas natt, Till Fedra e Från regnormarnas liv. I lodjurets timma (1988) Bildmakarna (1998)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Per Olov Enquist (Den Store Danske)
Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en 1934 Categoría:Escritores de Suecia