Pablo Israel Hernández Luis, nado en Santa Cruz de Tenerife o 18 de decembro de 2000, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Tenerife, da Segunda División.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Candelaria e no Juventud Laguna, antes de ingresar na canteira do Tenerife. Tras tres anos no filial, na tempada 2023/24 foi subido ao primeiro equipo, co que debutou na Segunda División na oitava xornada, nunha derrota por 3-0 ante o Eibar, substituíndo nos minutos finais ao francés Yann Bodiger.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Santa Cruz de Tenerife Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Tenerife B Categoría:Xogadores do CD Tenerife