Niso Rodríguez Hernández, nado en Melide no ano 1905 e finado na Coruña en 1965, foi un secretario xudicial, fotógrafo e pintor galego.

Traxectoria Fillo de Amador Rodríguez Rodríguez e Inés Hernández, da familia da casa de Traspedra, en San Cosme de Abeancos. Traballou como secretario xudicial nas Canarias e Fene. Colaborador co grupo galeguista ORGA.

Niso foi un artista heráldico autor dos debuxos dos escudos no traballo de Antonio Taboada Roca para Terra de Melide do Seminario de Estudos Galegos (1933). En 1934 estaba colaborando no volume Terra do Deza, que quedou sen rematar por mor da guerra civil. Debuxou tamén o escudo a cor da casa familiar de Traspedra, coñecida como casa da Esquina do Cruce, logo de Ricardo Fernández.

Dono dunha cámara fotográfica, compuxo un arquivo fotográfico en Melide, pero botouse a perder por mor da humidade.

Vida persoal Casou con Julia Díez Buendía e foron pais de Amador e Fernando Rodríguez Díez. Recoñecementos

Unha rúa de Melide leva o seu nome.

Notas

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes