Argençola é un concello catalán da comarca de Anoia que se atopa na parte occidental da comarca. O concello ten 216 habitantes (2022) e unha superficie de 47,09 km². O topónimo do nome provén de Argenciola (século XI), diminutivo de argentu. Na zona salientan as ruínas do castelo de Argençola e da Igrexa de Sant Llorenç, aos pés do castelo de Argençola, bendicido en 1891 para substituír a anterior igrexa parroquial, que foi documentada dende 1032 e situada un pouco máis baixa ca a actual.Sant Llorenç d'Argençola, poblesdecatalunya.cat As pedras do castelo foron empregadas na construción do novo templo, de estilo neoclásico, con campanario barroco. No seu interior consérvanse varias estelas discoides do antigo cemiterio.

Demografía Conta cunha poboación de 216 habitantes (INE 2022).

Notas

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona