A química cuántica é a aplicación da mecánica cuántica a problemas de química.

Unha aplicación da química cuántica é o estudo do comportamento de átomos e moléculas, en canto ás súas propiedades ópticas, eléctricas, magnéticas e mecánicas, e tamén a súa reactividade química, as súas propiedades red-ox, (oxidación-redución)... pero tamén se estudan materiais, tanto sólidos estendidos como superficies.

Como os estudos mecanocuánticos sobre átomos considéranse na fronteira entre a química e a física, e non se inclúen polo xeral dentro da química cuántica, frecuentemente considérase como primeiro cálculo de química cuántica o levado a cabo polos científicos alemáns Walter Heitler e Fritz London (aínda que a Heitler e a London adóitaselles considerar físicos) sobre a molécula de dihidróxeno (H2) en 1927. O método de Heitler e London foi perfeccionado polos químicos americanos John C. Slater e Linus Pauling, para converterse no método de enlace de valencia (ou Heitler-London-Slater-Pauling (HLSP)). Neste método, préstase atención particularmente ás interaccións entre pares de átomos, e xa que logo relaciónase moito cos esquemas clásicos de enlaces entre átomos.

Friedrich Hund e Robert S. Mulliken desenvolveron un método alternativo, en que os electróns describíanse por funcións matemáticas deslocalizadas por toda a molécula. O método de Hund-Mulliken (ou de orbitais moleculares) é menos intuitivo para os químicos, pero, ó terse comprobado que é máis potente á hora de predicir propiedades que o método de enlace de valencia, é virtualmente o único usado nos últimos anos.

Apartados de interese Algúns subtemas de interese en química cuántica son: a aproximación de Born-Oppenheimer o método do campo autoconsistente a aproximación de Hartree-Fock a Teoría do Funcional da Densidade

Químicos Cuánticos

A comunidade de científicos que fixeron grandes achegas á química cuántica inclúe a:

Linus Carl Pauling. John C. Slater. Friedrich Hund. Erich Hückel.

Véxase tamén Outros artigos Química computacional Ligazóns externas Estudo de propiedades ópticas non lineales aplicando os métodos computacionales da química cuántica de moléculas

Categoría:Química cuántica