Inas al-Saqa (en ), nada no 1970 e finada o 31 de outubro do 2023 en Gaza, foi unha dramaturga, actriz, e profesora palestina especializada no teatro infantil.
Traxectoria Inas al-Saqa graduouse en Traballo Social pola Universidade de Al-Quds. Durante esta etapa, comezou a súa actividade no mundo do teatro. Tamén actuou en diversos filmes. Foi profesora de teatro, e impartiu campamentos de teatro para nenos.
Inas al-Saqa foi asasinada nun ataque israelita durante o conflito do 2023, xunto con tres dos seus fillos, Leen, Sara e Ibrahim. Os seus outros dous fillos, Farah e Rita, foron feridos de gravidade. A escritora atopábase no apartamento dunha amiga, ao que se trasladara coa súa familia tras abandonar unha igrexa ortodoxa na que estaban refuxiados. Nunha publicación de Facebook do 27 de agosto do mesmo ano, escribira que "ás veces volves a vista atrás, cara ao teu pasado, e só descobres que sobreviviches a un masacre".
Obra Teatro Inas al-Saqa escribiu e dirixiu numerosas obras de teatro, entre as que destacan O oso, Mulleres de Gaza e Todo vai ben. Tamén organizou campamentos de verán para nenos palestinos, dedicados á representación teatral.
Cinema Inas al-Saqa participou como actriz na celebrada película Sara (2014), dirixida por Khalil al-Muzayen. O filme versa sobre a temática dos asasinatos de honra no mundo árabe. Tamén actuou n'O pardal da patria, de Mustafa al-Nabih, unha longametraxe sobre a Nakba do 1948, e sobre a ocupación israelita de Gaza e Cisxordania no 1967.
Notas
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Escritores de Palestina Categoría:Dramaturgos Categoría:Actores de cinema