O meu amigo Poly (en ) é un filme francés de 2020 dirixido por Nicolas Vanier baseado na saga de libros do mesmo nome de Cécile Aubry. Emitiuse en galego o 25 de decembro de 2023 na TVG.
Sinopse Cécile, unha nena de dez anos, trasládase ás Cevennes coa súa nai Louise. Alí, tenta acostumarse a esta nova vida e aos seus novos compañeiros. A chegada dun circo trastocará o seu día a día: entre os animais do espectáculo atópase un pequeno poni, Poly, maltratado polo director Brancalou. Ela decide salvalo a calquera prezo.
Elenco Julie Gayet como Louise François Cluzet como Victor Patrick Timsit como Brancalou Elisa de Lambert como Cécile Orian Castano como Pablo Anne-Marie Pisani como dona Gina Gérard Dubouche como o alcalde Mathilde Dromard como Colette Luc Palun e Jean-Jérôme Esposito como os policías
Notas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Nicolas Vanier Categoría:Filmes de 2020 con versión en galego