Carlos Domínguez Cáceres, nado o 11 de febreiro de 2001 en Vigo, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Real Club Celta de Vigo da Primeira División de España de fútbol.
Traxectoria Nado na cidade viguesa e formado nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo, foi capitán do conxunto sub-19 celeste na División de Honra Xuvenil ata que na tempada 2020-21 é ascendido ao filial. Debutou co equipo B o 22 de novembro de 2020, cando entrou como substituto de Alberto Solís nun partido que gañou o conxunto galega fronte ao Zamora C.F. por 2 a 0.
Por mor de varias lesións no primeiro equipo, Carlos fora convocado por vez primeira co Celta o 9 de maio de 2021 para disputar un encontro de liga fronte ao Villarreal CF, onde sería titular e o equipo vigués gañaría por 2 a 4. O 11 de xaneiro de 2022 faise oficial a súa renovación o Celta ata 2026.
Selección galega dereita|miniatura|Carlos Domínguez coa selección galega (2024).
Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).
Clubs 20x20px Actualizado no último partido disputado o .
ClubPaísAnoPartidosGolesCelta de Vigo B2020-act.501Celta de Vigo2021-act.190
Notas
Véxase tamén Outros artigos Celta de Vigo Fortuna
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Nados en 2001 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia