Heidi é un filme suízo-alemán de 2015 dirixido por Alain Gsponer e baseado na novela homónima de Johanna Spyri. Está protagonizado por Anuk Steffen no papel de Heide, xunto con Bruno Ganz, Katharina Schüttler, Quirin Agrippi, Isabelle Ottmann e Anna Schinz.

Emitiuse en galego o 25 de decembro de 2023 na TVG.

Sinopse Heidi (diminutivo de Adelheid) é unha nena orfa que vive co seu avó als Alpes suízos en plena liberdade e onde coida dun rabaño de cabras, xunto co seu amigo, o pastor Peter. Un día, a súa tía consegue que unha das máis senlleiras familias de Frankfurt a contrate para axudar a Klara, unha nena en cadeira de rodas, de quen axiña se fai amiga. Klara é educada de maneira ríxida e a chegada de Heidi cámbialle a vida.

Personaxes

Anuk Steffen como Heidi Bruno Ganz como Avó Quirin Agrippi como Peter Isabelle Ottmann como Klara Sesemann Katharina Schüttler como Fräulein Rottenmeier Hannelore Hoger como avoa Sesemann Maxim Mehmet como Herr Sesemann Anna Schinz como Dete Peter Lohmeyer como Sebastian Jella Haase como Tinette Rebecca Indermaur como Geissenpeterin Peter Jecklin como sacerdote Monica Gubser como avoa de Peter Markus Hering como o doutor

Notas

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de 2015 con versión en galego