Veszprém (en eslovaco Vesprím) é o nome do condado administrativo (megye) situado no oeste de Hungría. Ocupa os outeiros Bakony e a beira norte do lago Balaton. O condado comparte fronteiras cos condados de Vas, Győr-Moson-Sopron, Komárom-Esztergom, Fejér, Somogy e Zala. A capital do condado é Veszprém. O río Marcal limita a súa fronteira occidental. O condado ten unha área de 4.613 km² e unha poboación de 375.000 habitantes.

Estrutura rexional Vilas principais (ordenadas por poboación segundo o censo do 2001) Pápa (33.583) Ajka (31.971) Várpalota (21.682) Tapolca (17.914) Balatonfüred (13.289) Balatonalmádi (8.514) Zirc (7.445) Sümeg (6.847) Berhida (5.927) Devecser (5.232) Balatonfűzfő (4.337) Herend (3.446) Badacsonytomaj (2.312)

Veszprem