Shenzhou 12 foi un voo tripulado cara á Estación Espacial Chinesa. Foi lanzada o 17 de xuño de 2021 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.
Características Shenzhou 12 foi unha misión tripulada polo comandante Nie Haisheng, o operador Liu Boming e o operador de sistemas Tang Hongbo. Foi a primeira nave tripulada en acoplarse á nova estación espacial e a primeira tripulada desde o 2016, tras Shenzhou 11. A misión da tripulación foi avaliar o funcionamento da estación e en particular do módulo central Tianhe. Shenzhou 12 regresou a terra o 17 de setembro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos CZ-2F Shenzhou 1 Shenzhou 2 Shenzhou 3 Shenzhou 4 Shenzhou 5 Shenzhou 6 Shenzhou 7 Shenzhou 8 Shenzhou 9 Shenzhou 10 Shenzhou 11 Shenzhou 13 Shenzhou 14 Shenzhou 15 Shenzhou 16
Categoría:Programa Shenzhou