Marta Canella Rodríguez, nada en Baiona o 27 de febreiro de 1995, é unha xogadora de baloncesto galega que xoga de escolta.
Traxectoria Formouse no Real Club Celta, onde debutou nas competicións estatais con dezasete anos. Na Liga Feminina 2 xogou co Club Deportivo Baloncesto Aros (2016-19) e co Club Bàsquet Santfeliuenc (2019-23), con quen gañou a primeira Liga Feminina Challenge na tempada 2021-22 e supuxo o ascenso á primeira división da Liga Feminina. Ao ano seguinte conseguiu chegar ás semifinais da Liga co Barça CBS e foi escollida xogadora revelación da tempada. En maio de 2023 fichou polo Uni Girona Club de Bàsquet. Foi internacional coa selección española en categorías inferiores, proclamándose campioa de Europa sub-20 (2015). Coa absoluta xogou internacionalmente en dúas ocasións, participando no Pre-Europeo de 2022. Tamén competiu na modalidade de 3x3, gañando o Campionato de Europa de 2021, xunto con Vega Gimeno, Sandra Ygueravide e Aitana Cuevas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Marta Canella Rodríguez - FEB Ficha de Marta Canella Rodríguez - Selección Femenina Absoluta
Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Nados en Baiona Categoría:Nados en 1995 Categoría:Alumnos da Universidade de León