Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no ano 2024.
Atentados por mes Xaneiro 1 de xaneiro : un ataque terrorista cometido durante as celebracións de Aninovo, presuntamente por Boko Haram, nas localidades de Gatamarwa e Tsiha, ambas localizadas no estado de Borno, deixou polo menos 12 mortos e 2 feridos.
2 de xaneiro : un ataque no deserto de Al Tibni, na provincia de Deir Ezzor, deixou polo menos 9 mortos e 20 feridos. O perpetrador do atentado é o Estado Islámico.
3 de xaneiro : un ataque con explosivos preto do cemiterio da cidade de Kerman, onde se encontra a tumba do tenente-xeral Qassem Soleimani, deixou polo menos 84 vítimas mortais e 282 feridos. O perpetrador do atentado foi o Estado Islámico.
6 de xaneiro : un atentado con bomba nun minibús en Cabul, concretamente no barrio xiíta, deixou polo menos 5 mortos e 15 feridos. O ataque foi reivindicado polo Estado Islámico.
9 de xaneiro : un ataque con bomba contra un minibús no distrito 16 da cidade de Cabul, deixou polo menos 3 mortos e 4 feridos. O atentado foille aposto ao Estado Islámico, pero non o reivindicou. : un ataque contra un convoi militar do exército sirio en Palmira, na gobernación de Homs, deixou polo menos 14 mortos e 20 feridos. O atentado foi perpetrado polo Estado Islámico. : unha explosión dunha mina antipersoa colocada preto dunha escola da cidade de Deir Ezzor deixou 2 vítimas mortais e 2 persoas feridas. A mina foille atribuída ao Estado Islámico : un ataque bomba suicida contra policías en Mamounad, na rexión de Khyber Pakhtunkawah, deixou polo menos 5 mortos e 25 feridos. O atentado foi reivindicado polo Estado Islámico.
10 de xaneiro : un ataque contra un posto de control policial en Rask, na provincia de Sistán e Balochistán, deixou 1 policía morto. O ataque foi cometido polo grupo terrorista Jaish al-Adl.
12 de xaneiro : un ataque con bomba contra un minibús en Qoryooley deixou polo menos 9 mortos e varios feridos. O atentado aínda non foi reivindicado. : un ataque contra unha base militar turca no norte de Iraq deixou polo menos 6 soldados turcos mortos e 7 feridos. O perpetradores do atentado foron membros do PKK. Como resposta ao ataque, o exército turco lanzou ataques con mísiles que acabaron coa vida de 12 membros do PKK.
13 de xaneiro : un ataque contra a policía paquistaní no distrito de Kech, na rexión de Baluchistán, deixou polo menos 8 mortos (5 policías e 3 terroristas). O atentado non foi reivindicado.
14 de xaneiro : un ataque na localidade de Babungwe deixou polo menos 11 mortos. O perpetrador do atentado foi o ADF, que ten relacións co Estado Islámico.
15 de xaneiro : un ataque contra un posto de control nunha estrada que une as localidades de Baiji e Hadiza deixou polo menos 3 militares mortos. O atentado non foi reivindicado, pero as autoridades botáronllo ao Estado Islámico. : un atropelo masivo na localidade de Raanana deixou 1 morto e 17 feridos. Segundo a policía israelí trátase dun ataque terrorista, aínda que se están a investigar os motivos que levaron ao ataque. O grupo terrorista Hamás eloxiou o atentado, pero non o reivindicou.
16 de xaneiro : un ataque suicida en Mogadixo deixou 3 vítimas mortais, e aínda non foi reivindicado. Por outra parte, o grupo terrorista somalí Al-Shabaab executou a 7 persoas en Jilib acusadas de ser espías para diversos países.
18 de xaneiro : unha explosión provocada pola detonación dun artefacto explosivo improvisado nun albergue en Dublín, deixou 1 morto. A policía irlandesa estao investigando coma un atentado. Os motivos do ataque aínda se descoñecen. Ningunha organización terrorista reivindicou o atentado.
28 de xaneiro : Un tiroteo contra unha igrexa católica na cidade de Istanbul deixou 1 morto. Os atacantes foron dous individuos encapuchados armados pertencentes ao Estado Islámico, que reivindicou máis tarde o atentado. : Unha serie de ataques en diferentes localidades pertencentes ao territorio de Beni, na rexión do Kivu Norte, deixaron polo menos 15 mortos. As autoridades responsabilizaron a ADF, que se encontran vinculados ao Estado Islámico.
30 de xaneiro : Un ataque contra un mitin electoral organizado polo partido Tehreek-e-Insaf, na localidade de Sabi na rexión de Balochistán, deixou polo menos 4 mortos e 5 feridos. O Estado Islámico reivindicou o atentado.
Febreiro 3 de febreiro : Un ataque contra unha comisaría da rexión de Nganzai, no estado de Borno, deixou 4 policías mortos e un número descoñecido de feridos. Os perpetradores do atentado é a filial do Estado Islámico na África Occidental (ISWAP).
5 de febreiro : Un ataque armado contra unha comisaría na provincia de Khyber Pakhtunkhwa, deixou polo menos 10 mortos e 4 feridos. Ningún grupo terrorista reivindicou o atentado.
6 de febreiro : Un ataque frustrado contra un posto de control de seguridade do tribunal principal de Istanbul, deixou 3 mortos (1 civil morto e 2 terroristas) e 5 feridos. As autoridades turcas cualificaron o ataque de terrorismo e responsabilizaron ao DHKP-C, aínda que esta organización non reivindicou o atentado.
: Un ataque contra a localidade de Maziya, na provincia de Ituri, deixou 11 vítimas mortais, a maior parte delas agricultores. As autoridades responsabilizaron a ADF, vinculados ao Estado Islámico.
7 de febreiro : Un triplo ataque con bombas contra oficinas de candidatos políticos que se presentaban as eleccións de Paquistán na provincia de Balochistán, concretamente nas localidades de Pishin, Qilla Saifullah e Karachi, deixaron en total 29 mortos e máis de 30 feridos. O Estado Islámico reivindicou os atentados. : Un ataque cometido por presuntos xihadistas na localidade de Tigba, deixou polo menos 50 vítimas mortais.
9 de febreiro : Un ataque contra un posto militar na localidade de Mucojo, na provincia de Cabo Delgado, deixou 25 mortos. O Estado Islámico reivindicou o atentado.
11 de febreiro : Un ataque contra a base militar Xeneral Gordon en Mogadixo, deixou 5 mortos (3 membros das forzas armadas dos EAU, 1 oficial de Bahrein e 1 terrorista) e 2 feridos. O grupo que reivindicou o atentado é Al-Shabaab. : Un ataque bomba durante o Día Nacional da Xuventude na localidade de Nkambe, deixou polo menos 1 morto e varios feridos. As autoridades responsabilizaron aos combatentes separatistas das provincias anglosaxoas.
14 de febreiro : Un ataque contra unha posición do exército sirio na área de Duezin, na provincia de Hama, deixou 9 mortos. As autoridades responsabilizaron ao Estado Islámico do atentado. : Un ataque con explosivos contra un vehículo entre as rexións Amambay e Concepción, deixou 3 mortos. O atentado non foi reivindicado. : Un ataque contra unha mina de ouro no distrito de Djugu, na provincia de Ituri, deixou 12 vítimas mortais e 16 secuestrados. O atentado foi cometido por CODECO.
19 de febreiro : Un ataque executado por membros de ADF, organización terrorista vinculada ao Estado Islámico no distrito de Beni, na provincia de Kivu do Norte, deixou 11 mortos. Un día máis tarde, o 20 de febreiro, outro ataque executado pola mesma organización contra o distrito de Mambasa, no distrito de Ituri, deixou 13 mortos.
25 de febreiro : Un ataque na localidade de Buringa, na provincia de Bubanza, deixou 9 mortos e 5 feridos. Os perpetradores do atentado é o grupo terrorista RED-Tabara. : Un ataque contra unha igrexa católica da localidade de Essakane, na provincia de Oudalan, deixou polo menos 15 vítimas mortais e 2 feridas. Os perpetradores do atentado parecen ser militantes islamistas. : Un ataque contra unha mesquita da localidade de Natiaboani, deixou polo menos 14 mortos. O atentado non foi reivindicado por ningunha organización terrorista.
Marzo
14 de marzo : Un ataque contra un hotel en Mogadixo, deixa polo menos 3 vítimas mortais e 30 feridas. Os perpetradores do atentado é o grupo xihadista Al-Shabaab. : Un ataque contra persoas que estaban traballando na campaña da trufa, na zona desértica da provincia de Deir Ezzor, deixou 3 mortos. As autoridades culparon ao Estado Islámico do atentado.
16 de marzo : Unha explosión dunha mina na localidade de Al Sabja, na provincia de Raqqa, deixou polo menos 16 mortos e 6 feridos. As autoridades responsabilizaron ao Estado Islámico de colocar dita mina. Os afectados eran todo persoas que traballaban durante a campaña da recollida da trufa.
21 de marzo : Un atentado suicida nun banco de Cabul, deixou polo menos 21 vítimas mortais e 50 feridas. O perpetrador do ataque é o Estado Islámico da provincia de Jorasán que reclamou o atentado. : Un ataque contra o porto da localidade de Gwadar, deixou polo menos 10 mortos (2 soldados e 8 terroristas). As autoridades paquistanís responsabilizaron do atentado ao Exército de Liberación de Baluchistán.
22 de marzo :Ataque contra o Crocus City Hall en marzo de 2024. Un tiroteo na sala de concertos do Crocus City Hall en Krasnogorsk, no oblást de Moscova; e un posterior incendio deixou 144 mortos e 182 feridos. Os perpetradores foron 4 terroristas que pertencían ao Estado Islámico. Os terroristas eran de Tadjiikistán. : Un ataque bomba suicida contra un convoi das forzas de seguridade paquistanís na localidade de Dera Ismail Jan, na provincia de Jíber Pajtunjua, deixou 2 militares mortos. Ningunha organización terrorista reivindicou o atentado. : Un ataque por presuntos membros do Estado Islámico contra persoas que estaban traballando durante a campaña da recollida da trufa na provincia de Raqqa, deixou 2 mortos.
23 de marzo : Un dobre ataque, o sábado 23 e domingo 24 de marzo na localidade de Mulekera, nos arredores da cidade de Beni (Kivu Norte), deixou en total 13 vítimas mortais. Os perpetradores dos atentados son membros das ADF, vinculados ao Estado Islámico.
24 de marzo : A explosión dunha mina e un ataque armado cometidos por membros do Estado Islámico contra persoas que traballaban na recollida da trufa no deserto da provincia de Raqqa, deixou 11 mortos e 13 secuestrados.
25 de marzo : Un ataque contra membros do Consello de Transición de Iemen na localidade de Mudiya, na provincia de Abyan, deixou 2 mortos. O perpetradores do ataque é Al-Qaida na península Arábiga. : Un ataque contra unha base naval na localidade de Turbat, na provincia de Baluchistán, deixou un total de 5 mortos (1 militar e 4 terroristas). Os perpetradores do atentado é o grupo terrorista BLA.
26 de marzo : Un ataque suicida con coche bomba contra un vehículo que se desprazaba pola localidade de Dasu, na provincia de Jíber Pajtunjua, deixou 6 vítimas mortais, 5 delas cidadáns chineses. Ningún grupo terrorista reivindicou o atentado.
27 de marzo : Un ataque supostamente realizado polo Estado Islámico contra milicias proiranís na provincia de Deir Ezzor, deixou 6 mortos.
31 de marzo : Varios ataques que se levaron a cabo, o 30 e 31 de marzo, contra obxectivos militares en múltiples localidades sirias, deixaron polo menos 14 militares mortos. Os perpetradores dos atentados foron membros de Estado Islámico. : Un ataque contra membros dunha milicia progubernamental siria, Forzas da Defensa Nacional, na cidade Salamíe deixou polo menos 4 mortos. Os falecidos pertencían á mesma familia e encontrábanse recollendo trufas. Os perpetradores do atentado son membros de Estado Islámico. : Un ataque por parte de membros de JNIM, rama local de Al-Qaida en Burkina Faso, contra a localidade de Tawori, na provincia de Tapoa deixou polo menos 73 vítimas mortais e 2 secuestrados.
Abril 3 de abril : Un triplo ataque contra varios cuarteis militares e unha comisaría nas provincias de Sistán e Baluchistán, concretamente nas localidades de Rask e Chabahar, deixou polo menos 27 mortos (11 militares e 16 terroristas). Os ataques foron perpetrados por membros do grupo terrorista suní Jaish al Adl.
15 de abril