Fernando García Arenal,O seu primeiro apelido é escrito sen acento gráfico no Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega, na biografía escrita por Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Os descendentes de Fernando Garcia Arenal conservaron os seus dous apelidos unidos como García-Arenal. de nome completo Fernando Ángel Augusto García Arenal, nado en Madrid o 29 de xuño de 1850 e finado en Chamartín de la Rosa en 1925, foi un enxeñeiro de camiños, canais e portos español de orixe galega. Destacou tanto pola súa carreira profesional como polas súas contribucións educativas e sociais, ocupándose dos problemas sociais das clases máis desfavorecidas.

Traxectoria miniatura|page=7|García Arenal como vicepresidente no Boletín de la Sociedad Española de Historia Natural, 1914.

Foi o máis lonxevo dos fillos de Concepción Arenal Ponte e Fernando García Carrasco, xa que o seu irmán morreu novo na Habana e a irmá non chegou a idade adulta.

Aos trece anos, en 1863 marchou á Coruña coa súa nai, que fora nomeada visitadora de prisións de mulleres, e alí rematou os estudos secundarios. Volveu a Madrid en 1868, cando o goberno provisional de Serrano nomeou a Concepción Arenal Ponte Inspectora de Casas de Corrección de Mujeres, e alí estudou e finalizou, en 1875, após o Sexenio Democrático, a carreira de enxeñeiro de camiños. En 1872, mentres cursaba a carreira, ingresou na acabada de fundar Sociedade Española de Historia Natural.

Carreira Desenvolveu a súa carreira en Xixón como enxeñeiro-director da Junta de Obras de Puerto, onde realizou importantes traballos no ámbito da enxeñaría portuaria e estudos costeiros. Alí tamén puxo en marcha proxectos sociais, como o Ateneo Casino Obrero.

En 1889 viviu na cidade de Pontevedra, onde a súa nai Concepción Arenal organizou un faladoiro ao que asistían, entre outros, os enxeñeiros Alejandro Cerdá e José Domínguez, e o catedrático Ernesto Caballero. En abril de 1890 trasladouse a Vigo coa súa nai, e puxo en marcha proxectos no porto de Vigo, como a ponte de ferro para o tráfico comercial . Dotou ao porto dun conxunto de obras complementarias en terra das que carecía (guindastres, almacéns, vías de circulación), concluíu o ramal do ferrocarril a Ourense e construíu a primeira estación de pasaxeiros dotada cos servizos fundamentais; edificou tamén as ramplas do Areal, a dársena do Berbés e os diques de abrigo, así como o peirao que a unía a esta co porto de pasaxeiros da Laxe. Proxectou o futuro porto de Bouzas e deixou licitadas as obras (en máis de 3 millóns de pesetas) do que sería o futuro porto transversal.Revista de Obras Públicas (1909), números 1752 e 1753.

Vida persoal

Casou con Ernestina Winter Blanco, irmá de Ernesto Winter,Genealoxía de Concepción García-Arenal Winter - Geni.com e tiveron varios fillos, incluíndo a Concepción García-Arenal Winter, nai do enxeñeiro Federico Cantero Villamil quen proxectou o tren Ourense-Zamora, e inventor do helicóptero Libélula Viblandi.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1850 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Finados en 1925 Categoría:Enxeñeiros de España