Eric Puerto Huerta, nado en Estepa o 28 de outubro de 2002, é un futbolista español, que xoga como porteiro no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria Natural da Estepa sevillana, formouse como futbolista na Escola de Fútbol Peloteros Sierra Sur de Sevilla e máis tarde pasou polo equipo xuvenil do Séneca CF, antes de recalar a comezos de 2019 na canteira do Córdoba. Na súa estancia de dous anos e medio no club cordobés, alternou partidos do xuvenil con encontros do filial, o Córdoba B, na Terceira División, ademais de adestrar habitualmente co primeiro equipo.

No verán de 2021 fichou polo Antequera, da Segunda División RFEF. Na súa primeira campaña no club da provincia de Málaga, foi o gardameta suplente de Iván Moreno, ao tempo que exercía como adestrador de porteiros no Peloteros. Xogou un só partido, na derradeira xornada ante o Cádiz B. Na tempada 2022/23, coa marcha de Moreno ao Cacereño, Eric fíxose coa titularidade na portería de Antequera e disputou completos todos os encontros ata a xornada 30, na que o seu equipo se proclamou campión do Grupo 4, ascendendo así á Primeira División RFEF.

Para o debut na categoría, o club recuperou a Iván Moreno e fichou ao histórico gardameta Carlos Kameni, pero Eric continuou asentado na titularidade ata que no mercado invernal recibiu unha oferta do Deportivo da Coruña. O club galego pagou a súa cláusula de rescisión e incorporouno como substituto do capitán Ian Mackay, cuxo contrato foi rescindido. Na tempada 2023/24 non tivo apenas oportunidades, sendo o gardameta titular Germán Parreño, e só debutou na derradeira xornada de liga, cando o equipo xa era campión. Foi o elixido por Idiakez para a disputa da Final de Campións contra o Castellón, da que o Deportivo tamén saíu vitorioso.

A chegada do brasileiro Helton Leite para a tempada 2024/25, complicou aínda máis a súa situación, polo que en xaneiro acabou saíndo cedido ao Marbella FC, da Primeira Federación. No conxunto andaluz foi titular en case todos os partidos da segunda volta, contabilizando 15 aparicións.

Para a tempada 2025/26 regresou ao Deportivo da Coruña, onde foi o terceiro gardameta por detrás de Germán Parreño e Álvaro Ferllo. Non chegou a debutar na liga, na que o Deportivo acabou segundo, logrando o ascenso á Primeira División. Xogou só na Copa do Rei, na que disputou tres encontros, recibindo un só gol.

Palmarés Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos da Final de campións de Primeira Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesCórdoba B2019/20Terceira40 - - - -402020/21Terceira20 - - - -20Total club600060Antequera2021/222ª Federación10 - - - -102022/232ª Federación300 - - - -3002023/241ª Federación13010 - -140Total club44010450Deportivo da Coruña2023/241ª Federación100020302024/25Segunda0000 - -00Marbella2024/251ª Federación15000 - -150Deportivo da Coruña2025/26Segunda0030 - -30Total club10302060Total carreira 66 0 4020 660

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Estepa, provincia de Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Córdoba CF B Categoría:Xogadores do Antequera CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña