Benedicta Pérez Pérez, nada en 1937 e finada en Pedrouzos (Brión) o 11 de xaneiro de 2024, foi unha farmacéutica e política galega.

Traxectoria O pai feríronllo na batalla do Ebro, na guerra civil, e morreu pouco despois. Benedicta Pérez, como orfa de militar, foi estudar interna a Málaga. Logo fixo, por erro, a carreira de farmacia e acabou sendo farmacéutica.

Foi designada alcaldesa de Brión en 1971, sendo a primeira muller en ocupar o posto de alcaldesa en Galicia e a segunda de España. Ocupou o cargo ata as primeiras eleccións municipais de 1979, cando non se presentou ás eleccións.

Vida persoal Casou e tivo dous fillos; logo enviuvou.

Notas

Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Brión Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes