, nada en Chengdu (Sichuan) en decembro do 1984, é unha escritora chinesa.
Traxectoria Yan Ge naceu na cidade de Chengdu, no distrito de Pixian. O seu nome de nacemento é Dai Yuexing 戴月行. Comezou a escribir aos dez anos, e publicou o seu primeiro libro aos dezasete. Aos dezanove anos, perdeu á súa nai, o que tivo un forte impacto na escritora. Doutorouse en Literatura Comparada pola Universidade de Sichuan, e é presidenta da Asociación de Escritores Novos da China.
No 2011, foi profesora visitante na Universidade Duke, nos Estados Unidos. En novembro do 2012, foi escritora invitada no Festival Cruzando Fronteiras celebrado na Haia, participando tamén noutros festivais de literatura europeos. Dende o 2015, vive en Dublín co seu marido e o seu fillo.
Obra Yan Ge escribe en sichuanés, máis ca en mandarín estándar. No ano 2023 publicou o seu primeiro relato en inglés, na antoloxía Elsewhere: Stories.
As súas obras exploran temas coma o poder da linguaxe ou a diáspora chinesa, e varias delas destacan polo emprego de elementos mitolóxicos. A súa novela máis coñecida, Yi shou zhi 异兽志 ("Monstros estraños", 2006), ambientada na ficticia vila de Yong'an, é unha caricatura da sociedade contemporánea. Os seus protagonistas, diferentes razas de monstros moi parecidos aos seres humanos, constitúen unha alegoría da otredade e da alienación.
Premios 2002 - Concurso de Novos Conceptos de Escritura (1.º Premio) 2003 - Premio de Literatura Chinesa dos Medios.
Publicacións Novelas Guan he 关河 ("O río Guan", 2004). Shiqi yue zang 十七月葬 ("O funeral do décimo sétimo mes", 2004). Liang cheng 良辰 ("Os bos tempos", 2005). Yaonie pai miji 妖孽派秘笈 ("O libro secreto dos malvados", 2006). Yi shou zhi ("Monstros estraños", 2006). Wu yue nü wang ("A raíña de maio", 2008). Shengyin yuetuan 声音乐团 ("A orquestra", 2011). Women jia ("A nosa familia", 2013).
Relatos Pingle zhen shangxin gushi ji 平乐镇伤心故事集 ("Historias tristes de Pingle", 2015). Elsewhere: Stories ("Noutro lugar: Historias", 2023).
Notas
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Literatura en lingua chinesa Categoría:Escritores da China