miniatura|300px|Kílix, un tipo de copa moi frecuente na Grecia Antiga, século -V, Museo Británico. O réxime alimenticio dos gregos antigos caracterizábase pola súa frugalidade, reflexo das condicións difíciles da agricultura grega. Está fundamentado na «triloxía mediterránea»:Expresión introducida por Lord Colin Renfrew en The Emergence of Civilisation: The Cyclades and the Aegean in The Third Millennium BC, 1972. ISBN 978-0416164800 trigo, aceite de oliva e viño.

Os cereais constituían a base da alimentación grega. Principalmente trigo duro, espelta e cebada. O trigo era reducido a gran empregado en puré ou moído en fariña para facer pan ou tortas. A cebada adóitase utilizar para facer a μάζα máza, o prato básico grego. Os agricultores cociñaban no forno o trigo fariñeiro. A pasta de trigo utilizábase na fabricación de galletas de consumo corrente, as galletas facíanse en moldes e secábanse. Os cereais servíanse a miúdo con verduras (col, espinacas, cebolas, leituga, ravos, lentellas, fabas ou garavanzos). O consumo de peixe e carne varía dependendo das fortunas das familias, e estaba reservada aos ricos. Por outra banda, os gregos consumían unha gran cantidade de produtos lácteos, especialmente queixo. A frase «non comer máis que cebada» é o equivalente de «estar a pan e auga». Coñecíase a manteiga, pero preferíase o aceite de oliva. A comida era acompañada de viño (tinto, branco ou rosado), e de auga, ás veces aromatizada.

A alimentación dos gregos coñécese polas fontes literarias e artísticas: as comedias de Aristófanes e extractos das obras conservadas polo gramático Ateneo, os vasos pintados e polas figuras de terracota.

Comidas diarias miniatura|esquerda|250px|Saleiro de cerámica vernizado en negro, século -V, Museo do Louvre. Os antigos gregos facían tres comidas ao día:

un almorzo (ἀκρατισμός / akratismós), composto de pan de cebada mollado en viño puro (ἄκρατος / ákratos) ao ás veces lle agregaban figos ou olivas, así como unha especie de tortas ou panqueques, feitos á tixola e chamados τηγανίτης (tēganítēs), ταγηνίτης (tagēnítēs) ou ταγηνίας (tagēnías), derivados todos de τάγηνον (tagēnon), 'tixola'Para todas as palabras, Henry George Liddell e Robert Scott: A Greek-English Lexicon, Clarendon Press, Oxford, 1940. Dispoñible en Perseus-.

un xantar (ἄριστον / áriston) que se tomaba ao mediodía ou ao principio da tardeEn Homero e os primeiros poetas tráxicos, o termo designaba a primeira comida do día, que non era necesariamente tan frugal: no Canto XXIV da Ilíada, os compañeiros de Aquiles abaten un año para preparar o almorzo..

unha cea (δεῖπνον / déipnon), a comida máis importante do día, que tiña lugar xeralmente á caída da noite.

Pode engadirse unha merenda (ἑσπέρισμα / hespérisma), que se adoitaba tomar á noitiñaAlexis de Turio, fr. 214 Kock = Ateneo, Banquete dos eruditos 47e..

Comían sentados; o emprego de banquetas estaba reservado aos banquetes (de aí o seu nome). As tortas de pan podían servir de prato, pero eran máis correntes os recipientes de terracota ou de metal. A vaixela refínase co tempo e, por exemplo, atopamos pratos de materiais preciosos ou de vidro ao longo da época romana.

A presenza de mulleres era rara nas comidas e banquetes, e permanecían na maior reserva e silencio. Era costume que saísen cando os comensais terminasen de comer, e podían establecer conversacións libremente. Parece que, na maioría dos casos, as mulleres tomaban as súas comidas á parte. Se o tamaño da casa non o permitía, os homes comían primeiro, e as mulleres pasaban á mesa unha vez que estes terminasen a súa comida. Os escravos prestaban o servizo. Nas familias máis pobres, eran as mulleres e nenos, se cremos a Aristóteles, os que paliaban a falta de escravosAristóteles, Política 1323a4..

O costume de depositar nas tumbas pequenos modelos en terracota representando pezas do mobiliario permítenos ter unha boa idea dos mobles gregos. Os gregos comían sentados, o uso de banquetas estaban reservado para banquetes ou os aristócratas. As mesas, altas para as comidas ordinarias, baixas para os banquetes, primeiramente eran rectangulares. No século -IV, a mesa xeralmente toma unha forma redonda, a miúdo con pés zoomorfos, por exemplo as patas dun león.

As tortas de pan podían ser utilizadas como pratos, pero as escudelas de terra cocida ou de metal eran máis correntes. As vaixelas refínanse co paso do tempo e había pratos de vidro ou de materiais preciosos durante a época romana. Os cubertos utilízanse pouco na mesa: o uso do garfo era descoñecido, comíase cos dedos. Axudábanse cun coitelo para a carne e unha culler similar ás culleres contemporáneas occidentais para comer sopas e purés. Anacos de pan (ἀπομαγδαλία / apomagdalía) podían usarse para tomar os alimentos ou, a modo de panos de mesa, para limpar os dedosAristófanes, Os cabaleiros 413–16; Xulio Pólux, VI, 93..

En sociedade Banquetes miniatura|Comensais xogando ao cótabo mentres que unha música toca o aulos. Crátera de campá do Pintor de Nicias. Museo Arqueolóxico Nacional de España. O συμπόσιον/symposion —tradicionalmente traducido por «banquete», máis literalmente «reunión de bebedores"— era un dos pasatempos favoritos dos gregos. Constaba de dúas partes: a primeira dedicábase á comida, xeralmente bastante simple e a segunda á bebida. De feito, tamén consumían viño coa comida e as bebidas eran acompañadas por /tragếmata ou lambetadas para picar: castañas, fabas, grans de trigo tostado ou tortas de mel, encargadas de absorber o alcol e prolongar a bebida.

A segunda parte inaugurábase cunha ou máis libacións, un peán ou unha simple oración, xeralmente en honra de Dioniso. Despois discutíase ou xogábase a varios xogos de mesa, como o cótabo, e os comensais tombábanse en diváns nos banquetes. Había mesas baixas que servían para depositar os alimentos ou o taboleiro de xogo.En /klínai As bailarinas, acróbatas e músicos de alugueiro amenizaban a noite. O filósofo peripatético Teofrasto mostra nos seus Caracteres.Teofrastro, Caracteres XX, O pelma, 10. ao dono dun escravo que alugou mozas, músicos e bailaríns que poden proporcionar praceres aos hóspedes.

Un «rei do banquete» (simposiarca), elixido por sorteo, era o encargado de indicar aos escravos a proporción entre o viño e a auga na preparación das bebidas. O canto ou a oración eran de libre composición; da libación unha parte ofrecíase a Zeus e os deuses olímpicos, e outra a Hermes. Enchíase unha copa, que pasaba de man en man entre os participantes que formulaban unha oración. As libacións obedecían a certas regras: non se limitaba o número de libacións por persoa, pero a invocación non se facía sen libación. Despois da comida e antes de beber, cubríase a cabeza dos participantes con cintas ou grilandas de cintas. Teofrasto mostra nos seus CaracteresTeofrastro, Caracteres X, O avaro, 3, 13. un avaro que fixo unha libación pequena e ademais conta o número de copas baleiras e quéixase polo prezo das cintas e outros adornos (os obxectos rituais necesarios intercambiábanse). miniatura|esquerda|Convidado e música, copa do Pintor de Colmar, século -V, museo do Louvre.

Estritamente reservados para os homes - coa excepción de bailarinas e cortesás, as mulleres debían permanecer xuntas. N’O banquete de Platón, Aristodemo pide ao aulista que reúna ás mulleres na habitación que lles está reservada;Platón, O banquete, 176e-177a. A muller que se mesturaba cos homes era vista como unha escrava, como calquera cousa de condición non libre, pasible de ataque á xustiza; o banquete era un elemento esencial da sociabilidade grega. Podían organizarse a instancias dun particular que convidaba aos seus amigos ou á súa familia,Xenofonte, O banquete, I. como as modernas invitacións a cear. Podía tamén reunir, de maneira regular, aos membros dunha asociación relixiosa ou unha hetería (especie de club aristocrático). Os grandes banquetes eran obviamente a prerrogativa dos máis ricos, pero na maioría dos fogares gregos, os eventos familiares ou festas relixiosas eran unha oportunidade para banquetes máis modestos.

O filósofo peripatético Hipóloco de Macedonia, amigo e condiscípulo de Linceo de Samos, escribiulle unha carta sobre un banquete de voda ao que foi convidado:A carta é mencionada por Ateneo, Banquete dos eruditos, IV, serviuse viño e un pan, pitos, patos, (pombas), etc. Este servizo foi seguido por outro, que incluíu un pan grande, gansos, lebres, tórtolas, cabras, perdices. Os mesmos pratos tamén foron dados aos escravos. Así tomando suficiente comida, os hóspedes laváronse as mans, e apareceron os tanxedores de frautas, os músicos e arpistas rodias cubertos por un veo. Retiráronse despois dun breve comezo: enseguida apareceron outras, cada un con dous frascos de fragrancia. Logo serviuse a todo o mundo, para a cea, un prato que contiña un porco asado moi grande. Hipóloco menciona zorzais asados, papafigos onde verteran xemas de ovo, ostras, vieiras. «O porco foi seguido dun cabrito fervendo na salsa noutro prato. Axiña que como nos libra deste mundo,sentámonos a beber».

A última parte do banquete, dedicado á bebida tamén era unha escusa para bailar.Xenofonte, O banquete, II, 22-25.

O banquete serviu de marco a un xénero literario: O banquete de Platón, o banquete de Xenofonte, as Charlas de sobremesa de Plutarco ou mesmo o Banquete dos eruditos de Ateneo.

Sisitias

As sisitias (τὰ συσσίτια/ta sissitia) eran comidas obrigatorias compartidas no contexto social ou relixioso en grupo que reunían aos homes e a xente nova. Concernían principalmente a Creta e Esparta e toma o nome de hetairia, pheiditia ou andreia. Funcionan como os clubs aristocráticos e como un comedor militar. Como os banquetes, as sisitias eran dominio exclusivo dos homes. Algunhas referencias describen tamén sisitias exclusivamente femininas. Ao contrario que os banquetes, as comidas caracterizábanse pola simplicidade e a temperanza.

Produtos Pan e pasteis miniatura|180px|Muller amasando no pan. Anos -500–-475, Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas. Os cereais (σῖτος / sĩtos) constitúen a base da alimentación grega, principalmente o trigo e a cebada. Pelado por remollo, o trigo podía ser transformado de dúas maneiras principais: reducido a sémola, será empregado en fervidos; moído e convertido en fariña () e amasado, servirá para fabricar pan () ou tortas, simples ou aderezadas con queixo ou mel. Coñecíase o lévedo e corresponde aos gregos o invento do forno prequentado no seu interior e con apertura dianteira, que despois se empregaría en cociña, pero o forno de pedra non aparecerá até a época romana. A partir da época romana, os gregos utilizaron un composto alcalino ou lévedo de viño como un axente espesante.Galeno, Sobre as propiedades dos alimentos, I, 10. Os anacos de masa cocíanse nas casas en fornos de arxila levantados sobre pés. Unha técnica de cocción máis rústica consistía en depositar brasas no chan e cubrir a morea cunha tapa en forma de campá (), cando o chan estaba suficientemente quente púñase os carbóns no lado, depositábase a masa e volvíase a tapar. Segundo unha prescrición de Solón, lexislador ateniense semimítico do século -VI, o pan de trigo, artos, debía reservarse aos días festivos. Con todo, desde a época clásica, e para os que tiñan medios económicos o pan podíase atopar diariamente nas panadarías.Aristófanes, As ras, 858 e As avespas, 238. a profesión de panadeiro aparece en Atenas no século -V.