The Midnight Sky é un filme estadounidense de 2020 dirixido por George Clooney. Baséase na novela de 2016 Good Morning, Midnight de Lily Brooks-Dalton. O guión foi escrito por Mark L. Smith. Clooney interpreta o papel principal no filme, un científico avellentado que debe aventurarse a través do frío círculo polar ártico para avisarlle a unha nave espacial interplanetaria que ocorreu unha catástrofe global na Terra. Felicity Jones, David Oyelowo, Tiffany Boone, Demián Bichir, Kyle Chandler e Caoilinn Springall compoñen o resto do elenco.

The Midnight Sky tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 11 de decembro de 2020, antes da súa estrea en Netflix o 23 de decembro. Recibiu valoracións dispares da crítica, mais foi nomeado un dos dez mellores filmes de 2020 por National Board of Review. Na 93ª edición dos Óscar, o filme foi nomeado na categoría de mellores efectos visuais, mais perdeu fronte a Tenet.

Personaxes George Clooney como Augustine Felicity Jones como Sully David Oyelowo como Adewole Tiffany Boone como Maya Demián Bichir como Sanchez Kyle Chandler como Mitchell Caoilinn Springall como Iris Sophie Rundle como Jean Ethan Peck como Augustine máis novo

Notas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por George Clooney Categoría:Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de Smoke House Pictures Categoría:Filmes de Shepperton Studios Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes ambientados en 2049 Categoría:Filmes rodados nas Illas Canarias Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Islandia