Víctor Casas Rey, nado na Coruña o 31 de xullo de 1900 e finado na Caeira (Poio) o 12 de novembro de 1936, foi un xornalista, actor e político galego que desenvolveu a súa actividade en Galicia.galegos.galiciadigital.com

Traxectoria Foi fillo de Félix Casas e Cinita Rey. En 1916 ingresou na Irmandade da Fala da Coruña. Tras abandonar o seu emprego como viaxante vendedor de calzado, en 1918 participou na I Asemblea Nacionalista de Lugo, da que saíu o «Manifiesto Nazonalista», que constituiría a base común de todos os programas do nacionalismo galego até a Guerra Civil, e combateu a ditadura de Primo de Rivera. Cabo de Federico Zamora percorreu o país para levar a mensaxe do nacionalismo galego. miniatura|200px|Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936. Activo colaborador das Irmandades da Fala, e director d' A Nosa Terra desde 1922, foi un dos impulsores da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), participando nas reunións constituíntes do partido durante setembro de 1929. Aceptou o Pacto de Lestrobe (26 de marzo de 1930), pero non o Compromiso de Barrantes (25 de setembro de 1930) organizado polo Partido Autonomista Galego, e asinado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Florentino López Cuevillas, Valentín Paz-Andrade e Portela Valladares.

Non obstante, desencantado coa ORGA, pola súa deriva estatalista, participou, en 1931 na fundación do Partido Galeguista, do que foi presidente na provincia de Pontevedra e da Coruña. Partidario da alianza na Fronte Popular, tralo intento de golpe de Estado que deu lugar á Guerra Civil, foi detido, condenado por un consello de guerra e fusilado polas tropas franquistas no monte da Caeira, en Poio, a catro quilómetros de Pontevedra, xunto a outros dez republicanos.El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 6. Vida persoal

Foi pai do pintor Víctor Casas Julián (1936-2025).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos A Nosa Terra Ligazóns externas Vítor Casas, exemplo e dignidade Historia de A Nosa Terra

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nacionalistas galegos Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados Categoría:Actores de teatro de Galicia