Little Rope é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Sleater-Kinney, publicado o 19 de xaneiro de 2024 a través do selo Loma Vista Recordings. Producido por John Congleton, o álbum foi precedido polos sinxelos "Hell", "Say It Like You Mean It", e "Untidy Creature".
Antecedentes e gravación O idea doutro álbum de Sleater-Kinney estivo inicialmente "no aire", xa que o video de introdución do seu anterior traballo Path of Wellness (2021) deu lugar a unha resposta vaga sobre se o dúo gravaría algún día outro álbum. Porén, despois do lanzamento do seu décimo álbum de estudio recorreron a John Congleton para producir o seu seguinte disco. Elas tiñan planeado traballar con Congleton moito tempo atrás, pero tiveron que esperar a que "as estrelas" se aliñasen. A gravación tivo lugar no estudio Flora Recording & Playback en Portland, Oregón.
O álbum completouse tras un accidente de coche no que morreron a nai e o padrasto de Brownstein a finais de 2022 en Italia. Afrontando este evento, o dúo tivo que facer fronte a preguntas sobre "como navegamos pola dor, con quen a navegamos e as formas en que nos transforma". Gran parte do disco xa estaba escrito ata ese momento, pero a banda regresou a el cun enfoque máis doloroso. Como resultado, Little Rope trata temas como "crise global e traxedia persoal". Descrito como "un dos máis finos e delicadamente estratificados" da súa discografía, o disco enriquécese a través dunha "instrumentación complexa e ambiciosa".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Sleater-Kinney Categoría:Álbums musicais de 2024 Categoría:Álbums producidos por John Congleton Categoría:Álbums de Loma Vista Recordings