Xusto Vicente López Carril, nado en Muxía, é un xornalista galego.

Traxectoria Iniciou a súa carreira na radio en 1983, na cadea Ondas Galicia (Cadena SER). En 1985 comezou a traballar na Radio Galega. Dende o ano 2017 presenta os programas Mar de ardora e Ferrado e medio.

Presidiu o Club do mar e náutico de Muxía, constituído no ano 2007 co propósito de conseguir a xestión do porto deportivo de Muxía.

Foi nomeado xefe de prensa do PSdeG no ano 2007, durante a presidencia de Emilio Pérez Touriño.

Programas de radio +Lista de programas de radio : Ano Programa Cadea Notas Ref. 1983 - 1985 Línea de sombra Ondas Galicia 1985 - A rosa dos ventos Radio Galega Programa informativo sobre a pesca A hora dos clásicos As mil e unha Tabú, doce tabú Galicia primeira hora 2006 Un día por diante 2009 Aberto por reformas Substituíu a Xurxo Souto á fronte do programa 2009 - Fagot en fuga Ocupou o lugar de Aberto por reformas na programación 2010 - Aquí Galicia 2017 - Mar de ardora Programa monográfico sobre o mar Ferrado e medio Programa dedicado á actualidade do campo 2019 - Galicia por diante Na sección O miolo. En ocasións como presentador substituto

Outros traballos Artigos

Gravacións

Premios O programa Mar de ardora, conducido por López Carril, foi finalista na 3º edición dos Premios de Xornalismo e Sector Pesqueiro Español, convocados pola Confederación Española de Pesca (Cepesca).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 20px

Categoría:Xornalistas de Muxía Categoría:Personalidades da Radio Galega Categoría:Nados en Muxía