Maximino Matalobos Loureiro, nado en Cereixo (A Estrada) e finado en Cuba, foi un político xornalista galego.
Traxectoria Emigrou a Cuba. Membro das Sociedade Hijos del Ayuntamiento de la Estrada en Cuba, da que chegou a ser presidente en 1924,Galicia, 29-6-1924, p. 13. e Unión de Visneiro e Cereijo. Foi redactor de Galicia.Galicia, 19-6-1915, p. 13. Membro das Irmandades da Fala. Retornou a Galicia e foi directivo do Centro de Emigrados da Estrada. Xunto co seu irmán Albino e José Otero Abelleira fundaron El Emigrado en 1920. Volveu marchar a Cuba en 1922.Galicia, 25-3-1922, p. 15. Foi presidenta da Agrupación Artística Gallega. Retornou á Estrada coa República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu a Cuba. Participou no I Congreso da Emigración Galega (1956) como representante de Cuba.
Vida persoal Casou con Efigenia González, e foi pai de Serafina, Ofelia, Raúl e Maximino Matalobos González.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Xornais da Estrada dos séculos XX e XXI
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Xornalistas da Estrada Categoría:Nados na Estrada