Xilin neozelandés Xurxo V (1910-1936)"1 Shilling - George V". Numista.com170x170px170x170pxA/: Busto coroado de Xurxo V cara á esquerda, con lenda arredor. Lendas: GEORGE V KING EMPERORR/: Guerreiro maorí agachado sostén unha lanza. Lenda, valor facial, data e marca de gravador (KG). Lendas: NEW ZEALAND / ONE SHILLING Datas: 1933-1935. Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: Percy Metcalfe (A/) e George K. Gray (R/) Aliaxe: prata (500 ‰). Diámetro: 23,62 mm. Espesor: 1,55 mm. Peso: 5,65 g. Canto: estriado.
O xilin neozelandés foi unha moeda cuñada por primeira vez en 1933, xunto co resto da serie de prata da libra neozelandesa, e que se mantivo ata 1965. A moeda creouse por mor da escaseza de moedas de prata británicas comparables logo da desvaloración da libra neozelandesa con respecto á libra esterlina. O seu tamaño é lixeiramente maior ca o do xilin británico; tiña un valor de doce peniques, equivalente a medio florín ou a dous quintos da media coroa.
Os primeiros deseños de Percy Metcalfe, que representaban un kiwi e ferramentas maorís cruzadas, foron rexeitados pola Royal Mint. Un deseño alternativo, tamén cun kiwi, proposto por George Kruger Gray entrou na fase de cuñaxe de probas, mais finalmente foi descartado polo primeiro ministro de Nova Zelandia en funcións, Gordon Coates, en favor dun deseño que representaba un home maorí, o cal foi apoiado por varios políticos desta etnia. A moeda lanzouse, xa que logo, coa figura dun guerreiro maorí semiespido, agachado sobre as rochas e sostendo un taiaha, e o acollemento inicial por parte da poboación foi bo, aída que con certas críticas.
O xilin neozelandés cuñouse nunha aliaxe do 50 % de prata ata que, en 1947, a suba dos prezos deste metal logo da segunda guerra mundial provocou o seu cambio ao cuproníquel. Emitiuse con relativa regularidade ata 1965, ano en que deixou de cuñarse tras a decimalización do sistema monetario e a adopción do dólar neozelandés.
Antecedentes e contexto
esquerda|miniatura|Os xilins británicos circularon en Nova Zelandia durante o sécuo XIX e principios do XX."1 Shilling - Victoria 1st portrait; 'Young Head'". Numista.com|290x290px
Os xilins británicos circularon por primeira vez en Nova Zelandia a principios do século XIX xunto con outras moedas de prata estranxeiras, entre as que había tamén emisións estadounidenses, españolas, francesas e neerlandesas, ademais doutras moedas de prata británicas. A libra esterlina foi confirmada como moeda de curso legal en 1858,Matthews, K. (2003). mais, de feito, estaba a ser xa a única moeda en circulación desde 1847.Hargreaves, R. P. (1972). Páxina 32.
Australia comezara a emitir as súas propias moedas en 1910 —logo da súa independencia en 1901—, entre elas o xilin australiano, e a circulación desta moeda xeneralizouse tamén en Nova Zelandia a partir de 1930, cando Australia desvalorizou a libra australiana con respecto á libra esterlina. Como consecuencia, grandes cantidades da desvalorizada moeda australiana comezaron a inundar Nova Zelandia, chegando a constituír entre o 30 % e o 40 % de toda a moeda en circulación a principios de 1933. A falsificación de moedas de prata tamén aumentou durante este período.Hargreaves, R. P. (1972). Páxinas 141-142.
En 1933, Nova Zelandia desvalorizou a libra neozelandesa, o que provocou un contrabando masivo de moedas de prata a Gran Bretaña e outras posesións coloniais. Tras varias décadas de propostas, o Goberno neozelandés emprendeu ese mesmo ano a creación dunha moeda nacional.Hargreaves, R. P. (1972). Páxina 142. A Lei da Moeda de 1933 establecía os pesos e os tamaños das seis moedas de prata neozelandesas, e definía o xilin como unha moeda cun peso de 5,66 gramos, co valor de doce peniques ou medio florín."Coin Act 1933: An act to make Provision with respect to Currency, Coinage, and Legal Tender in New Zealand ". New Zealand Parliament.
Aínda que as empresas nacionais se ofreceron a cuñar a nova moeda, o Goberno neozelandés considerou que as instalacións do país non eran suficientes para a produción en masa, polo que esta se lle encomendou á Royal Mint, de Londres.Hargreaves, R. P. (1972). Páxinas 144-145.
Deseños
Anverso Os anversos das moedas dun xilin neozelandés desde a emisión inicial de 1933 presentan un busto coroado de Xurxo V, que o deseñador da Royal Mint Percy Metcalfe creara inicialmente para o seu uso na libra de Rodesia do Sur. Metcalfe baseouse nun busto coroado máis antigo do escultor australiano Bertram Mackennal, utilizado tamén na moeda doutros territorios coloniais e dominios británicos. Pola súa banda, os deseños do reverso foron froito da colaboración entre o goberno neozelandés e o Comité Asesor da Royal Mint, encabezado polo seu director executivo, Robert Johnson.Stocker, M. (2004). Páxinas 3-6.Stocker, M. (2005). Páxinas 145-146.Johnson, R. A. (1934). Sixty-Fourth Annual Report of the Deputy Master and Comptroller of the Royal Mint - 1933. His Majesty's Stationery Office. Londres. Páxinas 6-8.
Durante todo o proceso de deseño consultáronse os artistas locais e os membros da Sociedade Numismática de Nova Zelandia, pero encargóuselle aos deseñadores británicos a creación dunha serie inicial de propostas, malia as peticións das sociedades artísticas locais para que as moedas fosen de creación nacional. Metcalfe e George Kruger Gray eran artistas experimentados, que deseñaran xa moedas para outros territorios británicos, polo que se lles encargou que presentasen deseños para cada un dos cinco valores faciais iniciais da moeda de prata neozelandesa.
En tanto que o reverso do xilin permaneceu invariable ao longo das súas máis de tres décadas de existencia, nos anversos fóronse sucedendo os retratos e as lendas alusivas aos monarcas reinantes en cada momento: Xurxo VI (1937-1952) —con deseño de T. H. Paget—"1 Shilling - George VI (1st type), (2nd type), (3rd type)". Numista.com e Isabael II (1952-2022) —deseñado por Mary Gillick—."1 Shilling - Elizabeth II 1st portrait". Numista.com Reverso miniatura|155x155px|Proposta de Percy Metcalfe para o reverso do xilin. Metcalfe presentou dous deseños para o reverso. O primeiro amosaba un toki poutangata —unha aixola cerimonial maorí de pedra verde— cruzado cun whakapakoko rākau —“bastón de Deus”—, que dividía en dous a inscrición SHILLING e NZ. Este deseño foi rexeitado de camiño polo Comité Asesor da Casa da Moeda,Stocker, M. (2005). Páxina 148. e Metcalfe presentaría máis tarde unha variación del para o seu uso na moeda de cobre dun penique, que foi rexeitada igualmente.Stocker, M. (2004). Páxinas 7-33.Stocker, M. (2011). O segundo deseño de Metcalfe para o reverso amosaba un kiwi idealizado, en pé sobre un chan plano e ollando cara ao espectador, coa inscrición SHILLING enriba e as iniciais N e Z de Nova Zelandia a ambos os lados da ave, e a data no exergo. O Comité Consultivo rexeitou tamén este deseño sen facer comentarios. En tanto que este controvertido deseño do kiwi foi descrito en 1966 como "apenas recoñecible" no New Zealand Numismatic Journal,Denarius (1966). "The Maori on the Shilling". New Zealand Numismatic Journal. Vol. 11. Nº 6. Páxinas 246-247. tamén espertou opinións favorables, como a aparecida en 2004 na mesma publicación, que o describía como unha mostra de Art Déco, "atemporal, elegante e divertida".miniatura|160x160px|Modelo en xeso do deseño de George Kruger Gray para o reverso do xilin.Stocker, M. (2004). Páxina 12."1 Shilling - George V Kiwi Shilling; pattern". Numista.com
Pola súa banda, Kruger Gray presentou un deseño que resultou moi apreciado polo comité, que tamén presentaba un kiwi abstracto, con divisións onduladas no seu corpo. Había uns motivos kowhaiwhai —formas espirais simbólicas da arte maorí— flanqueando a ave por tres lados, xunto cun fondo texturado que se arqueaba por baixo. Allan Sutherland, membro da Comisión de Moeda e historiador numismático, comparou o deseño do kiwi coa piña dun piñeiro: “O neozelandés medio non o aceptaría como unha representación exacta da ave nacional sen ás”. Este xilin foi aprobado polo Comité Asesor da Royal Mint, xunto con outros deseños de Kruger Gray para as moedas do resto dos valores faciais que compuñan a serie denominacións iniciais da cuñaxe.
Intervención da Comisión de Deseño de Moedas O primeiro ministro de Nova Zelandia, George Forbes, tivo un mandato moi débil, e o ministro de Finanzas, Gordon Coates, actuou como primeiro ministro interino de facto, especialmente durante as prolongadas estadías de Forbes en Gran Bretaña. En xullo de 1933, Coates nomeou un Comité de Deseño de Moedas, composto por varios artistas locais e membros da Sociedade Numismática de Nova Zelandia. Este novo comité discrepou significativamente dos deseños de moeda aprobados e rexeitou o deseño idealizado do kiwi en favor dun deseño naturalista que se utilizaría no reverso do florín, de maior tamaño. Dado que o florín se propuña como unidade básica dunha futura cuñaxe decimal, o comité deulle prioridade á presenza do kiwi nesa moeda. Pola súa banda, para o xilin, por consello do ministro de Asuntos Indíxenas Sir Āpirana Ngata, escolleuse unha "figura maorí agachada alerta e con taiaha [unha especie de lanza], [...] un deseño que encha bastante o círculo, con campo liso". Pedíuselle á Royal Mint que tomase como referencia o deseño de Allan Gairdner Wyon de 1911 para a medalla conmemorativa dedicada ao científico James Hector, cuxo anverso amosa a un cazador maorí atrapando un huia.Stocker, M. (2005). Páxinas 150-151."News of the Day". En Press.. Vol. XLVIII. Nº 14.513. 20 de decembro de 1912. Páxina 6. A petición de lle engadir unha figura maorí á moeda foi apoiada por outros políticos maorís, como Eruera Tirikatene, deputado polo distrito maorí do sur."Talk of "Stouch": Incident in House, Maori Members Feelings". En Evening Post. 9 de novembro de 1933. Páxina 9. miniatura|O ministro de Finanzas, Gordon Coates, en 1931."Joseph Gordon Coates". National Library Wellington (Natlib.govt.nz).O subdirector Johnson intentou pórse en contacto con Wyon para conseguir unha medalla que servise de referencia para o xilin. Ambos, competidores comerciais no deseño de medallas, non conxeniaban con facilidade. Wyon, sospeitando que Johnson intentaría copiar o seu traballo, negouse a prestar unha copia á Royal Mint. Kruger Gray, que tampouco puido facer referencia á medalla, sentiuse decepcionado pola eliminación do motivo kowhaiwhai, xa que o consideraba importante para preservar un carácter nacional distinto para a cuñaxe neozelandesa. Consideraba que o xilin era unha moeda demasiado pequena para unha figura de corpo enteiro, polo que recomendou que se incluíse no florín, de maior tamaño. Varios días despois de que Kruger Gray recibise a solicitude, Johnson aseguroulle que os deseños orixinais seguirían adiante e pediulle que continuase co xilin con lixeiras modificacións, incluída unha maior definición dos orificios nasais da ave. Johnson citou o acordo do primeiro ministro Forbes sobre o uso do kiw: "O primeiro ministro neozelandés desexa acatar estritamente a decisión [...] e propón facer caso omiso das observacións do comité local".Stocker, M. (2005). Páxinas 151-152.miniatura|Esbozo inicial de Kruger Gray do novo deseño do xilin neozelandés (1933).|156x156pxXunto coa moeda de tres peniques con motivo hei tiki, este xilin axustado foi un dos dous únicos deseños rexeitados que chegaron á fase de cuñaxe de probas, das que se conservan algúns exemplares no Museo da Royal Mint,"1933 New Zealand pattern shilling". The Royal Mint Museum. así como outro en mans privadas, certificado por PCGS.Turner, J. (2020). "PCGS Certifies Rare 1933 New Zealand Pattern". Professional Coin Grading Services (PCGS.con).