Manuel Garrido Álvarez, coñecido como Manu Garrido, nado en Madrid o 6 de outubro de 2000, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Celta Fortuna, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Leganés, na que ingresou aos 12 anos. Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club e aos 16 anos debutou co filial na Terceira División, nun encontro ante o Alcorcón B.

O 27 de xuño de 2020 debutou co primeiro equipo na Primeira División, substituíndo a Roque Mesa nunha derrota por 1-2 ante Osasuna. En setembro renovou o seu contrato co club e acto seguido foi cedido ao Hércules, da Segunda División B. No club alacantino disputou un total de 20 encontros, marcando catro goles.

Para a tempada 2021/22 saíu cedido ao UCAM Murcia, da Primeira División RFEF. Ao seu regreso pasou ao primeiro equipo do Leganés, pero ante aos escasos minutos dos que dispuxo, en xaneiro foi cedido de novo, desta vez ao Celta de Vigo B.

En xullo de 2023 asinou un contrato indefinido de tres anos co filial do Celta.

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CD Leganés B Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B